Diario Cultural

Diario Cultural das 10:30

Hoxe conversamos con Aitana Cuétara, xurado no concurso Musicando Carvalho Calero 2020, sobre os máis de 78 temas que chegaron, do xurado e o mecanismo do concurso.

Tamén chamamos a Berta Dávila e Olga Novo que acaban de ser galardonadas cos Premios da Crítica 2019 que outorga anualmente a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). 

‘Poesía (modelo para romper)’ de Amauta Castro motivo do comentario poético de Alba Cid. 

A Fundación Camilo José Cela presenta a exposición ‘Camiños Incertos’

Na sección de Sara Donoso falamos da exposición ‘Camiños Incertos’, da Fundación Camilo José Cela

‘Cinema Semente’, a transformación do rural galego

Na sección de Brais Romero falamos de Cinema Semente, un proxecto multidisciplinar que utiliza o audiovisual para a reflexión e a transformación do mundo rural galego

Lembramos ao científico Fernando Fraga Rodríguez

Na colaboración de Manuel Vicente lembramos o importante papel do científico Fernando Fraga Rodríguez. Grazas ao seu traballo coñecemos a riqueza das rías galegas e a súa evolución histórica.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O Festival Play-Doc de Tui presenta o MOCA: o Museo Online de Cine Autobiográfico. Tamén falamos do Ourense Film Festival, que celebra os seus 25 anos de historia.

O Ourense Film Festival homenaxea, no seu 25 aniversario, ao seu fundador: Eloy Lozano

Comeza tamén a XXV edición do Ourense Film Festival que se prolongará ata o 3 de outubro. A competición oficial de longametraxes do festival outorgará 5 galardóns: a Calpurnia á mellor película, premio Carlos Velo á mellor dirección, premio especial do xurado, premio ao mellor guión e á mellor interpretación. 

Amáis o festival concederá catro recoñecementos: o Premio do Público; Premio Xacobeo, que será outorgado por unha comisión formada por membros da Fundación Carlos Velo, Deputación de Ourense e Xunta á mellor obra con produción ou coprodución galega de todo o festival; o Premio Especial “Eduardo Barreiros”, á mellor opera prima do cinema español estreada entre setembro de 2019 e setembro de 2020; e o Premio CIMA, concedido pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) á mellor directora da sección oficial.

O Ourense Film Festival rendirá homenaxe a dúas figuras senlleiras que deixaron pegada no festival. Ao realizador, guionista, produtor, editor e fotógrafo Eloy Lozano, director do festival na súa primeira edición, daquela como Festival de Cine Independente de Ourense, en 1996; coa proxección da súa película ‘As belas dormentes’ e a publicación dunha monografía da man do escritor e crítico de cine Eduardo Galán, ‘Eloy Lozano, o cineasta que devorou a luz’. 

Precisamente esa primeira edición de 1996 dirixida por Lozano, abriuse coa proxección de ‘La Moños’, producida por Adolfo Domínguez, que será premiado coa Calpurnia Especial 25 anos. 


 

Diario Cultural das 10:30

O Ourense Film Festival homenaxea, no seu 25 aniversario, ao seu fundador: Eloy Lozano.

E Os Minimortos. Benvido ao outro barrio de Ledicia Costa e ilustrado por Mar Villar para Xerais é motivo do comentario de Montse Pena

Desenvólvese dende hoxe no Consello da Cultura Galega o Festival de Filosofía

Inicia co título “Libres. En serio?” a cita que xunta nomes moi recoñecidos do pensamento e do ámbito cultural como a sexóloga Valérie Tasso, o editor Francisco Castro ou a escritora Inma López Silva. Durante dous días falarase de tinder, fútbol e series de televisión e de como afectan á nosa liberdade.

Diario Cultural das 17:30

 Festival de Filosofía “Libres. En serio?”, con entrevista á corrdinadora, Carmen Adán. Entrevista á artista Dulce Anca, comisaria da exposición “Eau de Femme”. Colaboración de Tito Lesende sobre pop e rock.

Abrumadora participación no concurso Musicando Carvalho Calero

O concurso Musicando Carvalho Calero, promovido pola AGAL en colaboración coa CRTVG, pecha o periodo de presentación de candidaturas neste ano cunha participación moi numerosa e de gran calidade.

Pin It on Pinterest