Diario Cultural

Diario Cultural das 17:30

O catálogo da mostra Pensando coas mans, realizado para a Cidadeda Cultura, recibirá o premio de deseño Laus 2020. Javi Camino presenta no OUFF a peli de Nación de los muchachos. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Nace dende o concello de Noia o libro CD “O Uniforme Movemento Divino”

O pasado ano, o Concello de Noia deu continuidade á construción dos instrumentos do Portal de San Martiño para recuperar o son do pasado da vila. Agora nace ‘O Uniforme Movemento Divino’, un libro CD que recolle todo o proceso de conversión deses instrumentos de pedra en madeira e, posteriormente, en simples ondas aéreas que excitan os nosos tímpanos.

Diario Cultural das 14:45

Libro CD “O uniforme movemento divino”

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo

Abraham Cupeiro presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo

Este músico de Sarria comezou con 11 anos na banda municipal. Hoxe é constructor, multiinstrumentista, investigador e recuperador de instrumentos perdidos no tempo.

Na súa impresionante colección hai caracolas de Oceanía, frautas chinesas, unha frauta indíxena, unha gaita colombiana, unha Kawala exipcia de cana, unha Zurna e un Duduk armenios, un Shofar yemenita. Atesoura un Dord, unha trompeta irlandesa da idade de bronce e un Karnyx, trompeta celta duns 2.300 anos de antigüidade coroada cunha cabeza de xabarín (ambas construídas por el mesmo). 

Diario Cultural das 10:30

Hoxe falamos con Abraham Cupeiro que presenta o seu segundo disco ‘Pangea’ centrado nas músicas étnicas do mundo. 

E esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de Once contos peregrinos de Vanessa Fernández Segura.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta o ciclo ?Mulleres na historia?

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza o ciclo de cinema “Mulleres na historia”, en colaboración coa Deputación da Coruña. Hoxe, ás 20:30, no hotel Araguaney, o filme “¡Las Sandinistas!”.

Diario Cultural das 17:30

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza o ciclo de cine “Mulleres na historia”. Entrevista a Berta Dávila, autora de ‘Carrusel’.

Xerais publica “Non fales o que non debes”, unha novela de Luis Manuel García Mañá

Non fales o que non debes, é un consello que a todos nos fixeron nalgún momento da nosa vida. Agora é o título da última novela de Luis Manuel García Mañá publicada por Xerais. A historia dun xuíz que xace morto na rúa, e que nos abre as portas ao funcionamento dun dos tres poderes do Estado: o xudicial. Focalizado, ademais, na vida dun xuíz cunha vida bastante achegada ó sórdido, malia non ser o que un esperaría atopar na vida dun maxistrado. 

Entrevista a Aitana Cuétara, xurado no concurso Musicando Carvalho Calero

Hoxe conversamos con Aitana Cuétara, xurado no concurso Musicando Carvalho Calero 2020, sobre os máis de 78 temas que chegaron, do xurado e o mecanismo do concurso.

Constituirase un xurado con participantes de AGAL e da CRTVG para a selección de 10 finalistas e, despois, o público poderá votar ata o remate do mes de outubro 

Olga Nova e Berta Dávila fanse cos Premios da Crítica 2019 que outorga anualmente a AECL

As escritoras Berta Dávila e Olga Novo fanse cos Premios da Crítica 2019 que outorga anualmente a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL)

Gañadora do premio na modalidade de poesía galega no 2014 con “Raíz da fenda”, Berta Dávila volve facerse co Premio da Crítica. Esta vez, en narrativa galega con “Carrusel”. Unha novela de autoficción publicada pola Editorial Galaxia, que xa fóra galardoada o pasado ano co Premio García Barros. 

E na modalidade de poesía en galego, este ano o premio foi para a escritora Olga Novo por “Feliz idade”. Un poemario da Editorial Kalandraka escrito durante sete intensos anos nos que a autora vive a enfermidade do seu pai ata a súa morte, contada con absoluta tenrura. 

 

Pin It on Pinterest