Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Arranque do Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, con entrevista ao director, Pela del Álamo. Festival das Ondas Urbanas. Colaboración de Alfonso Espiño sobre música.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Chega aos cines ‘A illa das mentiras’. Colaboración de Tito Lesende sobre pop e rock.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

IKFEM VIII Festival do teclado da eurocidade Tui-Valença, con entrevista á directora, Andrea González.

O Teatro do Atlántico celebra o seu 35 aniversario

A Compañía creada en 1985 por María Barcala e Xulio Lago celebra os seus 35 anos con catro citas no Salón Teatro de Compostela nos días 1, 2, 3 e 4 de outubro.

Diario Cultural das 14:45

Teatro do Atlántico celebra o seu 35 aniversario. Exposición ‘Escóitasme’, coa comisaria Silvia Longueira.

David Rubí presenta unha exposición retrospectiva que recompila 15 anos de traballo

Unha exposición en Ourense recompila 15 de traballo do historietista David Rubín. 

 

Hoxe estivemos con Ramiro Neira Falando a Boca Chea

Falando a Boca Chea converte A Coruña no centro das historias
O festival de narración oral retorna á cidade herculina dende hoxe,29 de setembro, ata o 3 de outubro. E chega con diversos espectáculos que representan colectivos de teatro afeccionado, como Cçedoche a palabra; e recoñecidas narradores galegos e novas voces desta disciplina, como Carmen Conde ou Quico Cadaval. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Festival de Narrativa Oral da Coruña, con Ramiro Neira e David Rubín. Colaboración de Roberto Pascual sobre artes escénicas.

O catálogo da mostra “Pensando coas mans” recibirá o premio de deseño Laus 2020

Os premios Laus son un dun dos galardóns máis importantes de Europa. O catálogo da mostra de artesáns realizado polo estudio galego Desescribir, deseñado para o Museo Gaiás da Cidade da Cultura, e o libro “Aproach 2018-2019”, realizado para a Universidade de Washington dos EE.UU., foron selecionados para os Premios Laus 2020 da Asociacion de directores de Arte e deseño gráfico, o máis prestixioso de españa e dos máis prestixiosos en Europa.

Suso Vázquez e Cibrán Rico son os autores. A editorial, galega, é Fabulario.org.

 

Javi Camino presenta no OUFF “Nación de los muchachos: utopía o muerte”

O documental reconstrúe a historia de Benposta, a cidade habitada e gobernada por nenos que o sacerdote revolucionario Jesús Silva fundou nos anos 60 nos arredores de Ourense, único enclave democrático da España franquista, que chegou a atraer a máis de 30.000 mozos.

Javi Camino revive esta historia en “Nación de muchachos: utopía o muerte””, o seu primeiro documental longo, que chega agora ao Ourense Film Festival.

Pin It on Pinterest