Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Repasamos as 10 cancións finalistas do concurso Musicando Carvalho Calero 2020 e imos ata o I Congreso Internacional do Teatro Galego co colaborador Roberto Pascual
Repasamos as 10 cancións finalistas do concurso Musicando Carvalho Calero 2020 e imos ata o I Congreso Internacional do Teatro Galego co colaborador Roberto Pascual
Novas creadoras no Curtocircuíto: Iria Silvosa e Rafa de los Arcos.
O Festival da Música e das Artes, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, retoma a súa programación logo de ter que ser adiado pola pandemia. O ‘Nas Ondas 2020’ conmemora o 250 aniversario do nacemento de L. V. Beethoven.
Jacobo Gaspar, vicedirector do Conservatorio, destaca o ciclo EXPLURART co que comeza o festival. A entrada será libre, ata completar un aforo reducido para garantir as medidas de seguridade.
O festival ‘Nas Ondas 2020’ do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A novela ‘O paraíso dos inocentes’, de Antón Riveiro Coello, con comentario de Armando Requeixo.
Conversa con Víctor Careu, o director artístico do Ateneo 2020. Rosario Sarmiento falaranos das fotografía de Isabel Muñoz, que actualmente ten unha exposición ao aire libre na Coruña.
Entrevista a Esther Carrodeguas, autora de ‘Malcriada’.
Conversamos con Ero Vázquez Cabrera, responsable da compañía Teatro Marionetas Trécola, que esta semana presenta o seu novo espectáculo, ‘O Show de Barallocas’, no marco da 25ª edición de Galicreques, en Santiago de Compostela.
Este festival de teatro e fantasía foi tamén presentado no día de hoxe en Compostela. As citas con “Barallocas” serán o xoves 15 e o sábado 17 no paseo central da Alameda.
Falamos con Ero Vázquez Cabrera, do Teatro Marionetas Trécola. O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos a programación da OSG
Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura dacidade, e no que os artistas poden coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súaspezas. Este proxecto está dirixido e curado por Antía Carreira e Sergio Marey, dous novos artistas lucenses que esperan facer de Solaina “un referente da arte en Galiza eno mundo”. Colaboracións de Cibrán Tenreiro e Ana Abad
Publícase un epistolario de Forentino Cuevillas con máis de 1000 cartas a diferentes persoeiros do mundo da cultura. Entrevista ao autor, Julio Rodríguez. Xoana sacou disco xusto antes do confinamento . Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.