Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Hoxe remata na praza do Obradoiro Camiño Escena Norte. Diego Vázquez é o coordinador do evento. Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.

Falamos con Jorge Rey, director do Festival internacional de Títeres Galicreques

Con Jorge Rey, creador do Festival Galicreques hai 25 anos, fixemos un balance da experiencia. Presentounos tamén esta edición marcada, como non, pola situación sanitaria.

“Hai un montón de xente nova xa no oficio de titiriteiro e iso é o mellor que nos podía pasar”

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Comeza XXV Festival Internacional Galicreques, con entrevista ao director, Jorge Rey. Colaboración de Alfonso Espiño sobre música.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Casa-Museo Manuel María presenta unha nova edición de Remol, na semana que se celebra o nacemento do escritor. Entrevista a Margarita Ledo.

O FIOT de Carballo está “en pausa”: alternativas de teatro para darlle ao “play”

Este 2020 non se celebrará unha nova edición fo FIOT de Carballo, pero durante esta pausa, aproveitan para darlle ao “play” a outras alternativas para gozar do teatro. 

A programación cultural estará composta por propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución. 

Durante estes días tamén se poderá disfruta da estrea absoluta da fición sonora ‘A lúa, válvula de spray’. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Dámoslle ao “play” ao teatro no FIOT de Carballo e comentamos con Montse Pena Presas ‘Catro Cartas’, o libro de Xabier P. Docampo.

Estrea mundial de ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo, no 25º aniversario da Real Filharmónica de Galicia

A nova tempada da Real Filarmonía de Galicia é moi especial. Por un lado, é o 25º aniversario da orquestra, con sede no Auditorio de Galicia en Compostela. Para conmemoralo, a tempada estará inspirada na natureza baixo o nome “Emocións naturais”. 

Por outro, o inicio de tempada supón tamén a estrea mundial de ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo, merecedora do X Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA 2019. 

A obra, inspirada na Porta do Alén, é unha viaxe entre a vida e a morte e será interpretada por case 30 orquestras de toda España durante as seguintes dúas tempadas. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Real Filharmónica de Galicia estrea ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo. Begoña Vázquez analiza as posibilidades de ‘O que arde’ de chegar aos Oscar.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nace “Fiestra” un proxecto educativo a través do cine, con entrevista ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño. Inaguración de exposición sobre Concepcion Arenal na biblioteca da Cidade da Cultura.

Xa temos as 10 cancións finalistas do Musicando Carvalho Calero 2020

Comezan as votacións para decidir que canción é a gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.

Estas son as 10 cancións finalistas:

  • Beleza de mulher (Aldea Carnal)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Benja Morana)
  • O meu coraçom (Joao Moniz)
  • Todo o mundo é teu (Madalena Gamalho)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Dandy Fever)
  • Demo Deus (Moito!)
  • A súa mazá (O Portugués)
  • Sonho de Catarina (A Banda da Loba)
  • Nom existe a morte (MJ Pérez)
  • Ferrol 1916 (Classicos Livres)

Pin It on Pinterest