Diario Cultural

Unha mostra variada dos premiados nos Martin Codax da Música

Onte celebráronse os premios Martín Codax da Música Galega con moita música en directo no Pazo da Cultura de Pontevedra e retransmisión por streaming. 

Son moitos os galardoados nestes premios da música galega e non podíamos telos a todos no programa de hoxe, polo que traemos unha mostra dalgúns dos gañadores.

Comezamos coa Banda de Música de Merza, que estreou a categoría de Mellor Banda.

Falamos con Laura Lamontagne, da categoría de música urbana.

Tamén estivemos con Taller Atlántico Contemporáneo, da categoría de música clásica e contemporánea.

E por último, con High Paw, da categoría ska e mestizaxe. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Os gañadores dos premios Martín Codax da Música Galega. ‘La voz humana’, de Almodóvar, no comentario de Begoña Vázquez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Exposición itinerante Facer Camiño no  Museo do Pobo Galego, con entrevista á comisaria, Asunta Rodríguez. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.

Unha cadeira de castiñeiro e un colgante de escornabois son os gañadores do Antón Fraguas de artesanía

Os premios Antón Fraguas de artesanía recoñecen os traballos de dous artesáns con moita traxectoria: Frank Bushmann na categoría tradicional e Rodrigo Riveiro na categoría contemporánea.

O xoieiro Riveiro foi recoñecido polo seu proxecto “Ferraxe de prata”, cun escornabois elaborado con prata de lei, madeira e louza. Pola súa banda, ao ebanista Buschmann, de orixe alemá e afincado en Corcubión, foille recoñecida unha cadeira elaborada con castiñeiro galego. 

Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández: “Poesía do coñecemento e da emoción”

A colaboradora do Diario Cultural, Alba Cid, galardoada con Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández polo seu libro Atlas

O xurado destacou do seu poemario que constitue “unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas de realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo”.

Pillamos a Alba na estación de autobuses: “Este premio é unha sorpresa. Celebro ademais que veña nunha semana na que coñecemos tamén o premio Nacional de Olga Novo”. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Alba Cid, premio Nacional de Poesía Xove. Unha cadeira e un escornabois, premios Antón Fraguas de artesanía. ‘SuperÚlex’ no comentario literario de Montse Pena Presas.

‘Subnormal: unha historia de acoso escolar’: das viñetas á gran pantalla grazas a unha produtora galega

Martín VázqueZ Baño é o produtor executivo de EP Audiovisual, unha produtora galega que levará á gran pantalla as viñetas de ‘Subnormal: unha historia de acoso escolar’. 

A dura historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, vítima de acoso escolar na súa infancia, protagoniza o cómic de Miguel Porto e Fernando Llor, recén chegado ás librerías. 

Martín Vázquez, amigo dos autores, foi o primeiro en ler o guión do cómic e saber que alí había tamén unha historia para levar ao cine, con actores reais. Comezarán a rodar en 2022 con localizacións en Getxo (lugar de nacemento de Zubizarreta) e Galicia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Subnormal’: a historia de acoso escolar de Iñaki Zubizarreta chega ao cine cunha produtora galega. ‘Todas as vidas’: a colaboración de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Agustín Agra, pola obra “Silencio” Editorial Galaxia.

Pin It on Pinterest