Diario Cultural

‘A voz presente’: continuamos celebrando o 110 aniversario de Carvalho Calero

Continúan as homenaxes a Ricardo Carvalho Calero no ano do seu 110 aniversario e no que se lle adican as Letras Galegas. 

Falamos con Carlos Quiroga, comisario de ‘A voz presente’, a exposición itinerante sobre o escritor que, desta vez, e en versión estendida, poderemos ver no Centro Torrente Ballester de Ferrol ata o 22 de novembro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘A voz presente’, exposición sobre Carvalho Calero. ‘Na estrada’, a tradución da obra de Jack Kerouac ao galego.

‘A gaita con maiúscula’, o libro sobre Xosé Manuel Seivane

A figura do autodidacta e artesán Xosé Manuel Seivane foi clave para situar a gaita, o instrumento galego por antonomasia, no mapa do mundo. Coincidindo coa publicación A gaita con maiúscula, do profesor universitario da Universidade da Coruña Xosé Manuel nchez Rei, dá conta dos aspectos máis importantes da vida de Seivane, non só dende o punto de vista da súa faceta como artesán, tamén tendo en consideración a familia, as amizades, o seu contexto vital e cultura.

Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional ou que coñeceron Seivane.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Libro “Xosé Seivane. A gaita con maiúsculas” editorial Canela, con entrevista a Xosé Manuel Sánchez Rei. Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.

Vertixe Sonora e Javier Martín presentan ‘Brumario’ no Colón

O espectáculo, baseado na retroalimentación entre movementos e sons prodúcese porque o bailarín leva un sistema de microfonía que funciona como sensor da acción que os instrumentos amplifican e modifican mediante altofalantes de vibración. Estes elementos, e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes, permiten xerar sons orixinais froito da interacción. Instrumentos, músicos e bailaríns acaban converténdose, todos eles, nun corpo ampliado que emite e recibe vibracións ata o punto de rozar un estado de absoluta meditación.
 
O concerto performativo preséntase o bado 24 de outubro ás 20.30 h no Teatro Colón, na Coruña, con Pablo Coello (saxofón), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión), Ignacio Barcia e Ramón Souto (dispositivos sonoros) e Javier Martín (movemento e dirección escénica). A dirección musical é de Ramón Souto e a iluminación de Octavio Mas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Día das Bibliotecas, coa directora da biblioteca Durán Loriga, Mercedes Cerdeiras, e o director da biblioteca pública de Verín, Vicente Rodríguez Justo. Vertixe Sonora e Javier Martín presentan ‘Brumario’. Colaboración de Alfonso Espiño sobre música.

A compañía Malasombra Teatro ten que adiar a presentación da súa nova obra ‘SÓS’

Malasombra Teatro ía presenta ‘SÓS’ en Ribeira este venres, pero quedou adiada ao 6 de decembro polas restricións da Covid. 

Falamos con Xoque Carvajal, director da compañía, sobre ‘SÓS’, ‘A tartaruga Manola’ e ‘Bernarda’, as obras que teñen en escena. 

A súa obra máis recente, ‘SÓS’, é unha reflexión cómica e dramática sobre a vellez, a convivencia e a soidade das persoas maiores. Os protagonistas son Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados a compartir piso. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos de teatro: as estreas da compañía Malasombra Teatro e os 100 números da Revista Galega de Teatro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020 da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Colaboración de Tito Lesende sobre pop e rock.

Pin It on Pinterest