Diario Cultural

A historia vital e musical de Rogelio Groba en formato audiolibro

Un rapaz de aldea comeza a estudar música con 11 anos e chega a ser un dos músicos contemporáneos galegos máis importantes. 

A historia de Rogelio Groba, compositor, director, profesor de conservatorio… pódese coñecer a través dun audiolibro, ‘O neno Groba e a música’, escrito por Lidia Fraga, ilustrado por Julio Seijas e con voz do actor Luís Iglesia. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O neno Groba e a música’, o audiolibro sobre a vida do compositor Rogelio Groba. ‘Música para os días de inverno’ no comentario de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Abe Rábade saca un EP libre: “Piano solo” . Xosé Durán publica ‘A Raiña Galega’.

Milladoiro, a banda sonora de Galicia, cumpre 40 anos

En 1980 saía o primeiro disco de Milladoiro. Dende aquela, 40 anos foron máis que suficientes para facer do seu son a banda sonora de Galicia. 

Recordamos este aniversario coa súa música e falando con Xosé Ferreirós, un dos seus membros. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

40 anos da música de Milladoiro. Ópera co ‘Orfeo e Euridice’ de Gluck e Luis Miguel Crespo.

Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego

A aldea gala segue viva, e xa se pode escoitar en galego as voces de Astérix, Obélix e os terribles cantos de Asurancetúrix grazas ao audiolibro O Menhir de Ouro, unha historia orixinal de Rene Goscinny e Albert Uderzo que pon de manifesto o seu interese por investigar máis aló dos límites da viñeta.

Neste traballo de reedición impulsado por Edicións Xerais conta coas excepcionais voces dun grande elenco de actores como Xerardo Couto, Tacho González, Anton Rubal e outros secundarios con música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.

A nova aventura dos irredutibles galos xa está nas librarías de Galicia. Como recordarán a súa versión orixinal est en francés e agora dase a coñecer o traballo de traducció ao galego feiro por Xavier Senín e Isabel Soto.
 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

“O menhir de ouro”, audiolibro de Asterix tradudico ao galego por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Colaboración sobre ciencia de Manuel Vicente.

Xa temos canción gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020!

Ferrol 1916, da banda Clásicos Libres é a gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020. 

Falamos con Miguel Penas de AGAL e María Solar, coordinadora de cultura da CRTVG. Os dous destacaron a calidade das propostas presentadas.

Por parte de Clásicos Libre, puidemos falar con Ánxela Arias López, que acababa de enterarse de que resultaran gañadores. 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Ferrol 1916 de Clásicos Libres, canción gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020. Días de denza en Lugo con Sabela Mendoza.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Margarida Ledo homenaxeada no VII Congreso Internacional de Diversidade e Comunicación, organizado pola Asociación Española de Investigación da Comunicación AE-IC. Colaboración de Tito Lesende sobre música pop e rock.

Pin It on Pinterest