Diario Cultural

Nos meus 20 anos… Miguelanxo Prado

Na sección Nos meus 20 anos, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, ilustrador e autor de cómics como ‘Trazo de Xiz’ ou ‘Ardalén’; director da mostra Viñetas desde o Atlántico; e autor do deseño do Xabarín da Televisión de Galicia. 

 

O anonimato na música: O caso da artista galega Sleepy Spice

Na colaboración da noso experto no eido musical Cibrán Tenreiro debullamos unha circunstancia singular: O anonimato na música. Para a súa análise conversamos con Sleepy Spice, nome baixo ó que se agocha unha talentosa artista galega.

 

 

Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia

Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.

 

 

 

Zeta | Episodio 8

Afondamos na figura do dramaturgo Ernesto Is da man da nosa experta en artes escénicas Ana Abad.

No eido musical,o noso colaborador Cibrán Tenreiro realiza unha viaxe a través do anonimato na música coa ollada posta en Sleepy Spice.

 Na sección ‘Nos meus 20 anos…’ A nosa compañeira Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, debuxante de banda deseñada, director desde 1998 do reputado salón Viñetas desde o Atlántico e deseñador da mascota do Xabarín Club da Televisión de Galicia.

 

 

Primeiro aniversario de obaixoulla.gal

Logo de varios anos en xestación, naceu obaixoulla.gal o 16 de novembro de 2019, Día do Patrimonio Mundial. Trátase dun catálogo dixital aberto, que incorpora o patrimonio xeolocalizado da comarca do Baixo Ulla, co propósito da súa valorización, difusión e protección.  

Tres filmes galegos no 58º festival de cine de Xixón

Comeza a 58º edición do festival de cine de Xixón, de maneira telemática, e coa estrea de tres filmes galegos. 

Diálogos artísticos no Verbum de Vigo polo Festival Sinsal

As Microrresidencias Verbum son o proxecto co que o Festival Sinsal remata este estraño 2020, que muda a proposta habitual escénica de concertos e actuacións con público cara unha iniciativa a porta pechada. 

Trátase dunha experiencia de investigación e experimentación arredor do son, a luz, as proxeccións e un espazo integrador e coprotagonista, o Verbum de Vigo. 

Algúns dos artistas que dialogarán co espazo neste Sinsal de outono son os irmáns Yugen Kala e Monte Piñeiro do Colectivo Nononon.Lab. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Remata o Festival Sinsal 2020 coas ‘Microresidencias Verbum’. As estreas nas salas de cine e plataformas da voz de Begoña Vázquez de Sala 5.

Premio María Moliner de Animación á Lectura para a Biblioteca de Verín

A Biblioteca de Verín acaba de recibir o premio da XX Campaña de Animación á Lectura María Moliner polo seu proxecto “Voluntariado cultural con chic@s para o fomento da lectura”. 

No Diario Cultural falamos con Vicente Rodríguez, o seu director. 

7ª edición do Carballo Interplay, festival de contidos dixitais

Comeza o Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais referente en Galicia, do 18 ao 21 de novembro. Será en formato dixital, fiel á súa orixe, coa estrea da webserie ‘Xan’.

Falamos con Sonia Mendez, directora do festival. 

Pin It on Pinterest