Diario Cultural

‘Correspondencias. Tino Grandío’

A dous meses do ano do centenario do pintor Tino Grandío, o Museo Provincial de Lugo abre sala monográfica e en Compostela a exposición “Correspondencias. Tino Grandío” procura vínculos coas artes visuais últimas. Falamos con Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e con Iñaki Martínez Antelo un dos comisarios da mostra “Tino Grandío. Correspondencias”.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45

‘Corpos. As outras vidas do cadáver’

A escritora e historiadora Erica Couto-Ferreira publica na editorial Kalandraka ‘Corpos. As outras vidas do cadáver’, un ensaio erudito e divertido que percorre múltiples maneiras de tratar os corpos despois da morte. 

‘Non finito’: 30 anos de Tono Galán

A expo ‘Non finito’ de Tono Galán no Quiosco Alfonso da Coruña repasa os 30 anos da súa traxectoria como debuxante, pintor e escultor.

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 10:30

‘Testosterona’, de Malasombra Producións

“A muller ten que asumir no poder o rol masculino ou pode romper con el?” Camila Bossa protagoniza con Luis Iglesia Testosterona, a nova montaxe de Malasombra Producións. Falamos con Camila Bossa e con Xoque Carbajal, director da obra

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Os hórreos, camiño da declaración como patrimonio inmaterial

Arredor dos máis de 100.000 hórreos galegos creouse un rico patrimonio cultural que tamén cómpre preservar. O Consello do Patrimonio, no que participan Ministerio de Cultura e comunidades autónomas, anunciou o comezo dos trámites para declarar os hórreos de todo o estado como patrimonio inmaterial. O colectivo internacional Red Hórrea, que agrupa os territorios do norte peninsular nos que existen este tipo de construcións e tamén outros países, quere impulsar no futuro a declaración destes celeiros elevados como patrimonio inmaterial da Humanidade. Para 2024 preparan o seu próximo congreso internacional, que se desenvolverá na Estrada. 

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Pin It on Pinterest