Un mar de cultura en Vigo
O festival ‘Un mar de cultura’ encherá de música galega o Museo do Mar de Vigo. Por alí pasarán artistas como Guadi Galego ou De Vacas.
Falamos con Marta Lucio, directora do museo.
O festival ‘Un mar de cultura’ encherá de música galega o Museo do Mar de Vigo. Por alí pasarán artistas como Guadi Galego ou De Vacas.
Falamos con Marta Lucio, directora do museo.
Hoxe no Diario Cultural falaremos de diversos relatorio sobre a Revista Nós no ano conmemorativo do centenario do seu nacemento. Integrarán as xornadas ‘Nós e o mundo. O mundo e nós’. O escritor Xosé Neira Cruz gaña o premio Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
O festival de música electrónica de vangarda Fanzine Fest reforza a súa programación para este ano 2020 con Fanzine FPS-BPM, unha sesión de experimentación sonora e de creación audiovisual. Celebrarase este martes.
Falamos con Pablo Cubeiro, director do festival.
Continúa a programación do Fanzine Fest con Fanzine FPS-BPM. ‘A lavandeira de San Simón’ no comentario de Montse Pena Presas.
Este 1 de decembro preséntase na Rede Museística da Deputación de Lugo o catáñogo ‘A métrica do ilusionismo’, do artista multidisciplinar Caxigueiro.
Como cada ano, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié animan a participar na elección colectiva da Palabra do Ano 2020. No 2019 foi “Sentidiño”.
Podes facer a túa contribución a través de portaldaspalabras.gal
Buscamos a palabra do ano 2020. ‘A métrica do ilusionismo’ de Caxigueiro. ‘O canguro alcohólico’ de Kenneth Cook, por Armando Requeixo.
No Diario Cultural de hoxe falamos de ‘9 Fugas’ dirixida por Fon Cortizo, gañadora o premio ex aequo á Mellor Película na sección Retueyos do Festival de Xixón, xunto co filme Marygoround de Daria Woszek.
A banda galega Néboa presenta o seu primeiro disco: ‘A realidade enganosa’.
Falamos con Lucas de Centi, un dos seus integrantes.
Cultura científica do coronavirus con Manuel Vicente. As celebracións do 250 aniversario de Beethoven con Luis Miguel Crespo. O grupo Néboa presenta ‘A realidade enganosa’.