Diario Cultural

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

VI Toponimízate

Toponimízate celebra a súa sexta edición co obxectivo de recuperar os topónimos que dan nome ós territorios de Galicia. Detrás está a plataforma Galicia Nomeada, cuxo coordinador técnico é Vicente Feijóo e na que colabora Nicanor Palomares.

Concurso Fran Pérez “Narf”: Satélite Salitre

“Foi unha revelación coñecer a música de Fran e coñecelo a el”. Pilo Sierra lidera o proxecto musical Satélite Salitre, gañador da décimoquinta edición do Concurso Fran Pérez “Narf”.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Aurora Marco descóbrenos a apaixonante biografía de Carmiña Sierra

Carmiña Sierra Domínguez foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos. Nada en Pontecesures en 1906, obtivo unha cátedra de Literatura Española, foi militante comunista e rexentou unha granxa . Durante o franquismo sufriu cárcere e tivo que exiliarse en Venezuela.

Nesta biografía publicada pola editorial Alvarellos Aurora Marco percorre unha vida fascinante, que a relaciona mesmo coa Operación Termópilas, un plan para matar a Franco.

O cinemóbil de José Gil chega ó Grove

Ignacio Vilar e Manolo González divulgan por toda Galicia a figura do cineasta pioneiro José Gil. Hoxe están no Grove. Falamos con eles

XIII Outono Códax Festival

O Outono Códax Festival chega a Compostela do 3 ao 25 de novembro para encher de música a capital galega na súa decimo terceira edición. Falamos con Fran Villasenín, responsable do festival.

Pin It on Pinterest