Diario Cultural

Festival de órgano “8 pés”

A Orquesta Clásica de Vigo organiza a terceira edición do Festival de órgano “8 pés”. Tres días nos que se pode gozar do impresionante órgano Alberdi da Colexiata de Santa María.Isabel Freire cóntanolos detalles.

‘Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico’

“(a Glez Millan) interésanlle os conflitos e moitas veces os estudos literarios non falan de conflitos, falan de orde, teñen unha obsesión coa orde”. Arturo Casas é un dos editores do volume Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico que revisa o traballo do investigador en diálogo con especialistas actuais.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Hoxe lemos: ‘Furia’, de María Reimóndez

Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, ‘Furia’, premio Jules de Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela ‘Cobiza’ e que culminará en 2024.

75 aniversario de Cántigas e Frores

A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra a gala do seu 75 aniversario este sábado en Lugo. Falamos co seu director artístico, Bruno Villamor, e co presentador da gala, Paco Nieto.

O corpo de Cristo, de Bea Lema

“Segue a ser un tabú falar das enfermidades mentais graves”. O corpo de Cristo, a novela gráfica de Bea Lema, seleccionada para o premio do Festival Internacional de Cómic de Angouleme. A autora traballa na adaptación da obra a curtametraxe de animación.

Pin It on Pinterest