Diario Cultural das 19:45
Diario Cultural das 19:45
Diario Cultural das 19:45
Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxeccións durante esta semana. Conversamos co cineasta e con Ramom Pinheiro, director d´ACentral Folque, que produciu a película.
Onte deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.
Diario Cultural das 10:30
“É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico.
Diario Cultural das 19:45 horas
Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol.
Diario Cultural das 17:30
Olga Gallego foi a primeira muller que entrou na Real Academia Galega como numeraria e protagoniza unha exposición no Arquivo de Galicia do Gaiás.