Diario Cultural

Comeza na Coruña a novena edición do Fanzine Fest

O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa das Capuchiñas. 

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Búscase a Palabra do Ano 2023!

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié buscan a Palabra do Ano 2023! As suxestións do público a través do Portal das Palabras recolleranse ata o domingo 10 de decembro ás 23:59 horas para posteriormente someterse a votación popular do 12 ao 25 deste mesmo mes.

Galicia presente nos Premios Nacionais de Artesanía

Álvaro Martínez Leiro, cesteiro de Pazos de Borbén, é candidato ó Premio Nacional de Artesanía e a cesteira Julia de la Cal, co obradoiro La Parabólica de Porriño, está nomeada na categoría de Emprendemento.

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural en Culturgal

Programa especial monográfico desde Culturgal, a feira das culturas galegas. Conversamos coa música Helena Egea, coas ilustradoras María Montes e Andrea García Martínez, a presidenta da Fundación Moldes, May Martín e algúns dos expositores desta décimo sexta edición da feira. Tempo tamén para os videoxogos con Luz Castro e para a literatura infantil con Eva Mejuto. 

Teatro do Noroeste estrea “As damas de Ferrol”

Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso.

“Coleccións públicas a debate: A colección CGAC”

“É desexable unha colección permanente no CGAC? E de ser así, serían necesarios novos espazos ou máis espazo para o CGAC?”

Pedro de Llano Neira modera as mesas sobre “Coleccións públicas a debate: A colección CGAC” que se inscriben na programación do 30 aniversario do centro.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Pin It on Pinterest