Diario Cultural

Unha viaxe visual á Transición galega

O Consello da Cultura Galega acaba de facer dispoñible en Internet parte do Fondo Miguel Gutiérrez, que recolle propaganda e publicidade política desde os anos finais do franquismo ata a década dos 2000. Entre os documentos xa accesibles están o cartel de Isaac Díaz Pardo para a manifestación polo Estatuto de Autonomía en 1979, homenaxes aos últimos fusilados do franquismo ou exemplos de convocatorias feministas, ecoloxistas, sindicais e veciñais. Exploramos o Fondo Miguel Gutiérrez con Emilio Grandío, coordinador do grupo HISPONA da USC, que lidera a súa catalogación.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45

‘Vía morta’, teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas

‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditorio Constante Liste do concello coruñés de Teo. 

 

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Pin It on Pinterest