Festival de Teatro Galego no Carballiño
“Pensamos que o nadal pode ser unha boa época” O FETEGA cambia de datas. Comeza no Carballiño o Festival de Teatro Galego que celebra 34 edición. Falamos co director, Carlos Ledo
“Pensamos que o nadal pode ser unha boa época” O FETEGA cambia de datas. Comeza no Carballiño o Festival de Teatro Galego que celebra 34 edición. Falamos co director, Carlos Ledo
Diario Cultural das 19:45 horas
Coñecemos a realidade de Palestina a través da súa literatura traducida ao galego. Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de Randa Jarrar (Hugin e Munin) e Esfumado: a misteriosa desaparición de Mostafa Ouda, de Ahmed Masoud (Urutau), que nos regala en directo a versión en galego dun poema de Mosab Abu Toha.
Diario Cultural das 17:30
O Carrabouzo celebra os seus 40 anos. Unha exposición no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela repasa a historia destas viñetas creadas por Xosé Lois González Vázquez.
“Os festivais promoven a interacción e esa formación comunitaria, comunal que tanto precisamos”. Comeza en Pontevedra a oitava edición do festival Novos Cinemas. Falamos co director, Suso Novás.
Diario Cultural das 19:45
Conversamos con Carlos Martínez-Peñalver sobre a súa primeira longametraxe, unha ficción con aires documentais rodada na Serra da Estrela, en Portugal. Xoel vai ás montañas para gravar os sons da natureza, alí atopará un modo de vida en transformación e un contorno natural ameazado por unha turistización mal entendida. À procura da estrela’ é a película de apertura’ do festival Novos Cinemas de Pontevedra.