Destacados

El Muelle 1931: aposta pola produción local e a contemporaneidade

El Muelle 1931 é unha nova tenda de vinilos, cassettes e publicacións en papel que podemos atopar no número 57 da Rúa de San Pedro en Compostela.

Pablo Iglesias e Lorena Durán son os responsables desta tenda que aposta pola cultura, pola arte, o underground, a ilustración e os fanzines e tamén por converter o espazo nun lugar de encontro e intercambio cultural que presta atención especial á produción local e a contemporaneidade.

Vituco achegouse ata a a tenda a falar con Pablo e con Lorena e isto foi o que lle contaron.

Os espazos en branco de Bruno Arias

“Neste proceso atopeime a min e atopei a miña tía, a persoa detrás da poeta” Bruno Arias estrea en Cineuropa o filme Os espazos en branco un camiño pola memoria de Xela Arias.

Lingua e xénero

As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión, unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos con María López-Sández e Gabino Vázquez-Grandío, autores deste estudo canda Xaquín Loredo.

‘Salón de té’, de Lupe Gómez

Edicións Xerais de Galicia publica un novo poemario de Lupe Gómez, gañadora do premio Manuel Lueiro Rey. Trátase de “Salón de Té”. Isabel Freire conversou con ela.

“Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación: ponte entre escola e sociedade”

Comeza en Ourense o Congreso “Patrimonio Cultural Inmaterial e educación: ponte entre escola e sociedade”. Falamos con Xerardo Feijóo e Raquel Rey.

Estréase nos cines ‘O soño da Sultana’

Falamos coa directora da película, Isabel Helguera, e coa animadora Paula Valiño

Gardar a auga, o novo de Benxamín Otero

“Estamos nun mundo ruidoso de máis”. O músico Benxamín Otero presenta Gardar a auga un traballo musical gravado no alxibe do Castelo de San Antón.

‘Emma’, de Jane Austen, moito máis que unha comedia romántica

Emma foi á última novela que publicou en vida Jane Austen, clásica da literatura inglesa cuxa obra mantén gran vitalidade no século XXI. A través dos enredos e equívocos amorosos provocados pola súa protagonista, Emma retrata o clasismo da sociedade inglesa da época e as condicións de vida das mulleres, obrigadas a matrimonios vantaxosos para garantiren a supervivencia económica.

Sushi Books publica unha edición de Emma traducida por Moisés Barcia e anotada e prologada para público xuvenil. Conversamos con Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos, as tres responsables das notas desta edición. 

“Vigo no Tempo”: reivindidando a identidade e a cultura urbana

“Vigo no Tempo”  é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade.  É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado.

‘Manuela Rey is in da house’

O Centro Dramático Galego estrea no Festival de Teatro de Viana do Castelo “Manuela Rey is in da house”. A obra recupera a figura da actriz de orixe galega que triunfou en Lisboa no século XIX.

Pin It on Pinterest