Destacados

Berrobambán entran no bosque

‘Hai quen escolle os camiños máis longos’ é a última montaxe escénica da compañía Berrobambán. Un espectáculo inspirado no poemario do mesmo título, de Paula Carballeira, e coproducido pola compañía portuguesa Ponto de Fuga. A peza é o primeiro capítulo dunha ‘Triloxía do Bosque’ dedicada a explorar a rica simboloxía que agocha este espazo e cales son as súas implicacións no presente.  Conversamos con Paula Carballeira, que codirixe a montaxe con Chiqui Pereira, e forma parte do elenco coas actrices portuguesas Bárbara Soares e Joana Saraiva. 

Festival de órgano “8 pés”

A Orquesta Clásica de Vigo organiza a terceira edición do Festival de órgano “8 pés”. Tres días nos que se pode gozar do impresionante órgano Alberdi da Colexiata de Santa María.Isabel Freire cóntanolos detalles.

‘Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico’

“(a Glez Millan) interésanlle os conflitos e moitas veces os estudos literarios non falan de conflitos, falan de orde, teñen unha obsesión coa orde”. Arturo Casas é un dos editores do volume Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico que revisa o traballo do investigador en diálogo con especialistas actuais.

Hoxe lemos: ‘Furia’, de María Reimóndez

Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, ‘Furia’, premio Jules de Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela ‘Cobiza’ e que culminará en 2024.

75 aniversario de Cántigas e Frores

A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra a gala do seu 75 aniversario este sábado en Lugo. Falamos co seu director artístico, Bruno Villamor, e co presentador da gala, Paco Nieto.

O corpo de Cristo, de Bea Lema

“Segue a ser un tabú falar das enfermidades mentais graves”. O corpo de Cristo, a novela gráfica de Bea Lema, seleccionada para o premio do Festival Internacional de Cómic de Angouleme. A autora traballa na adaptación da obra a curtametraxe de animación.

‘As xeracións do Montserrat’, memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Entre 1960 e 1974 uns 240.000 galegos e galegas emigraron ao Reino Unido. A exposición ‘As xeracións do Montserrat’ recolle testemuños e obxectos daquela emigración, co fío condutor do transatlántico Montserrat, un dos barcos que realizaba a viaxe entre o porto da Coruña e as illas británicas. O escritor e xornalista Xesús Fraga é o comisario da mostra, promovida polo Consello da Cultura Galega, que pode visitarse no Kiosko Alfonso da Coruña ata o 14 de xaneiro. 

“Santiago proxectado, arquitecturas non construídas”

A Casa do Cabildo de Compostela acolle ata o próximo febreiro a mostra “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas”, que recolle proxectos non executados na historia compostelá.

Falamos co historiador e xornalista Fernando Franjo e coa historiadora da arte Ana Paula Castro.

Haydn en Guláns

“Cando se ven en continuidade poden parecer as mesmas músicas”. Luís Soto presenta Haydn en Guláns, o novo proxecto musical de Fisión Atlántica Ensemble, xunta catro cuartetos para frauta e trío de cordas do compositor austríaco coas danzas de Reis de Guláns.

Artesanía no prato: a alianza entre artesáns e cociñeiros

A cuarta edición das Xornadas Artesanía no Prato quere consolidar a alianza entre os artesáns galegos e a alta gastronomía. 31 obradoiros de madeira, cerámica, forxa, cestería ou téxtil están presentes no encontro, no que tamén participan cociñeiros como Lucía Freitas. 

Pin It on Pinterest