Destacados

“Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”

“O artista é unha ferramenta da súa sociedade” afirmaba Leopoldo Nóvoa. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra retrospectiva “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”.

‘Casa do silencio’, a película galega de Jon Jost

Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxeccións durante esta semana. Conversamos co cineasta e con Ramom Pinheiro, director d´ACentral Folque, que produciu a película. 

Deixounos O Hematocrítico

Onte deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.

“Desde ese silencio”, unha peza de Avelina Pérez

“É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico.

A teoría e a práctica musical de Zavala

Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol. 

Unha exposición sobre a historia de Olga Gallego

Olga Gallego foi a primeira muller que entrou na Real Academia Galega como numeraria e protagoniza unha exposición no Arquivo de Galicia do Gaiás.

As ‘Vidas Cantadas’ de Leilía

“Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.

Un protocolo contra o acoso sexual no sector escénico e musical

Nove entidades profesionais das artes escénicas e musicais promoven un protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e da discriminación por sexo e xénero. Preséntannolo Patricia de Lorenzo, de Escena Galega, e Patty Castro, da Asociación Músicas ao Vivo.

Música polos 40 anos do Consello da Cultura Galega

O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG).

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata ‘Terra’, do compositor Juan Durán.

Congreso de Poesía Nova

Vinte autores e autoras debaten e reflexionan sobre a profesionalización, a edición, a proxección internacional, os novos públicos , os vínculos interartísticos, a lingua e o xénero e as identidades no Congreso de Poesía Nova que organiza a AELG. Escoitamos a Rosalía Fernández Rial, Antía Otero, Eduard Velasco, Andrea Nunes Brións e Patricia Torrado.

Pin It on Pinterest