Destacados
‘Erosión’: a perda que se escoita no novo de Chicharrón
Como se escribe e se canta sobre a perda, sobre a morte? Nun momento de tristeza e de dicir adeus, Alberto Martínez Vecino de Chicharrón enfrontou a morte de Teresa, a súa nai, procurando gardar todos os recordos e facelos música. Deses meses de despedida naceu ‘Erosión’, o novo disco da banda de Carballo.
Falamos de disco pero deberiamos falar de casette. En Erosión recuperan a cinta, anímannos a recuperar os nosos vellos reproductores, e así fannos tamén partícipes desa homenaxe a Teresa. A morte primeiro, pero a vida, irremediablemente, está neste traballo de Chicharrón. ‘Erosión’, 10 cancións que xa son de todos e todas.
Miro Casabella revisita o seu disco ‘Ti, Galiza’
‘Colaxe’, o sexto disco de Dakidarría
Estréase a miniserie ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’
As mulleres galegas son pioneiras en moitas cousas. Temos a Rosalía, a Emilia Pardo Bazán, a Concepción Arenal… e temos tamén a Sofía Casanova. Nestes tempos incertos e de conflitos internacionais, convén recordar a esta muller da Coruña que foi das primeiras correspondentes de guerra de España, traballando para o xornal ABC. Unha miniserie participada pola TVG conta a súa historia, e nós hoxe queremos coñecela.
Falamos para iso con Zaza Ceballos, codirectora xunto con Noelia Muiño, e Isabel Naveira, a actriz protagonista.
A gran gala de Manicómicos
‘The Waylanders’ abre camiño na industria do videoxogo galego
O videoxogo de Gato Studio ‘The Waylanders’ leva xa unhas semanas dispoñible para xogar no noso ordenador a través de Steam, da plataforma de distribución dixital de videoxogos. Falamos xa varias veces dos Waylanders, desde que coñecemos hai uns anos o seu desenvolvemento, porque se trata do máis grande e ambicioso dos xogos creados en Galicia, por un equipo maioritariamente galego, e ademais ambientado en Galicia, nas nosas lendas e na nosa historia, pero coa capacidade de chegar e emocionar a todo o mundo. No Diario Cultural xa puidemos probalo e xogar un pouco, e comentámolo cun dos seus creadores, Sergio Prieto.
‘Es ti que cantas’, Rosalía para a xeración Zeta
Ialma volven a Galicia
As dualidades de Santi Araujo resoan en ‘Suelta o muerde’
Hoxe é o 22 do 2 do 2022. E o dous, as dualidades, os binomios, vannos estar acompañando durante toda a escoita deste novo disco de Santi Araujo: ‘Suelta o Muerde’. Ata a data escollida para a súa saída está pensada. 11 cancións pero con 22 títulos, dúas portadas diferentes, pero o que é máis importante, unha música e unhas letras que te acollen desde a primeira nota e que naceron “case sen buscalo, deixando que a vida me fose contando o que quería de min”.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- 221
- Seguinte ›