Destacados

Letras Galegas 2022 | O exilio mexicano

Este 17 de maio será o primeiro Día das Letras dedicado a un exiliado en México, país que acolleu sen reservas os refuxiados republicanos trala guerra civil. Homenaxéase así un grupo de galeguistas que impulsou iniciativas políticas e culturais de grande importancia; en moitas daquelas iniciativas participou de forma destacada Florencio Delgado Gurriarán. 

Letras Galegas 2022 | A guerra civil e o compromiso político

Seguimos explorando a viaxe vital e literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Nos anos 30 comeza o seu compromiso galeguista e republicano, que o acompañará toda a vida. Co triunfo da sublevación militar do 36 en Galicia, escapa para salvar a vida e intégrase no servizo de información do exército republicano. Delgado Gurriarán será un dos moitos galegos que teña que marchar ó exilio. No seu caso, con destino México.

Letras Galegas 2022 | A preocupación pola lingua

Continuamos coñecendo o itinerario vital e literario de Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado das Letras deste ano. Reparamos agora nun aspecto esencial na súa poesía e no seu activismo político e cultural: a preocupación pola lingua. 

Letras Galegas 2022 | Florencio e a comarca de Valdeorras

Neste 2022 a celebración das Letras Galegas visita por primeira vez a comarca de Valdeorras. O acto central do día 17 de maio celebrarase na aldea de Córgomo, onde naceu Florencio Delgado Gurriarán e á que cantou en moitos dos seus poemas. Só puido vivir nela 14 anos, ata que a guerra civil e a ditadura o obrigaron a partir ó exilio.

En Valdeorras empezamos a viaxe de Florencio Delgado Gurriarán.

Letras Galegas 2022 | Víctor Freixanes – Recuperando as voces do exilio mexicano

Coñecemos a Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. 

Nesta entrevista, Belén Regueira conversa co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. A Academia paga unha débeda que tiña co exilio mexicano, esquecido durante tantos anos, e recorda a Delgado como o gran poeta de Valdeorras.

O adeus de Siniestro Total

Vituco Neira conversa con Julián Hernández, Miguel Costas e Javier Soto horas antes dos derradeiros concertos da banda viguesa, 40 anos despois do seu debut.

‘Buah!’, o novo de Cró!

‘Buah!’ é o novo traballo dos vigueses Cró!   David Santos, baixista da banda, fálanos deste disco.

O rock nas páxinas de Rouco Son

Coñecemos a revista Rouco Son, unha publicación en papel e dixital sobre música. Céntrase especialmente no rock emerxente e de base. Jacobo Mouriño é un dos seus responsables.

 

‘Escoitamos teatro’ a través dos podcast

Como se escribe teatro para escoitar? O Consello Territorial da SGAE en Galicia presenta unha iniciativa para revitalizar a ficción radiofónica, desta volta a través dos podcast. O dramaturgo Santiago Cortegoso foi o impulsor desta campaña, na que polo momento xa se coñecen dúas obras: ‘Malcriada’, de Esther Carrodeguas, e ‘Historia dunha descoñecida’, de Raúl Dans.

Suso Vaamonde, a canción libre e comprometida

Fernando Fernández Rego presenta o libro ‘Suso Vaamonde . A canción libre e comprometida dun Pobo’, editado en Galaxia. 

Pin It on Pinterest