Comeza na Coruña a novena edición do Fanzine Fest
O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa das Capuchiñas.