Destacados

Fin de semana de festivais en Galicia: Morriña Fest, O Mar nunha flor, CoraSóns, Courel Son 2022 e Verbena Fest

Facemos un percorrido por todos os festivais que se celebrán en Galicia esta fin de semana. Conversamos sobre o Morriña Fest con Estebán Girón, sobre O Mar nunha flor e CoraSóns con Faber, sobre Courel Son 2022 con Marcos Reinoso e sobre o Verbena Fest con Héctor Sánchez

A Fundación Rosalía de Castro organiza a 10ª edición da “Inchadiña Branca Vela”

A Fundación Rosalía de Castro organiza este sábado 16 de xullo a décima edición da “Inchadiña Branca Vela” e, este domingo 17, a cuarta edición do festival “Abride a Fiestra”. Conversamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación.

O gran arquivo fotográfico de Raniero Fernández

O Centro Galego de Arte Contemporánea recupera o arquivo do fotógrafo vigués Raniero Fernández, nunha mostra que pasa precisamente pola importancia da arquivística, do catálogo, para achegarse desde unha óptica contemporánea a traballos como o de Raniero dos anos 60 e doutros moitos fotógrafos afeccionados.

Os comisarios da mostra son dous grandes coñecedores do traballo deste fotógrafo, do que xa teñen publicado un libro. Xosé Luis Suarez Canal e Manuel Sendón.

 

 

“Goldaxe”, o último disco do grupo Brañas Folk

Falamos de “Goldaxe”, o último disco do grupo Brañas Folk, da man de Manuel Brañas, un dos integrantes da banda.

Tatán, unha vida de titiriteiro, recoñecida na MIT

A 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia comeza este venres 15 coa homenaxe a Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’, que recibirá o premio de honra ‘Roberto Vidal Bolaño’. 

Desde a MIT din que Tatán é algo máis que un titiriteiro. Podemos dicir tamén que ser titiriteiro é case coma ser un mago; é quen se dedica a darlle vida a obxectos en apariencia inanimados. Nas súas mans, os monicreques son quen de pensar, emocionarse, escachar coa risa, tocar un instrumento, andar en bicicleta, levantar pesas ou calquera cousa que poidamos imaxinar. 

Iso leva facendo ‘Tatán’ durante máis de 40 anos, de maneira individual ou coa compañía Tanxarina, que fundou nos anos 80. Unha traxectoria teatral na que hai que recoñecerlle tamén o seu importante papel na profesionalización do oficio e no recoñecemento do teatro de monicreques en Galicia.

 

 

Arrinca o festival Peregrinos Musicais

Arrinca o festival Peregrinos Musicais en Santiago. Conversamos sobre isto con Ilona Timchenko, directora do festival, Pol Cabrera, saxofonista, e Álvaro Lozano, cellista. 

Moncha Fuentes presenta ‘O tradutor de sombras’

Presentamos  ‘O tradutor de sombras’, a segunda novela de Moncha Fuentes na que nos propón mergullarnos nun anaco da nosa historia social e política, así como nos abismos dun tradutor depresivo que se refuxia no alcohol e no traballo para agocharse ou defenderse das pantasmas do seu pasado.


‘O ano do pensamento máxico’: unha radiografía do dó

A escritora e xornalista californiana Joan Didion viviuno todo, desde eses hippies anos 60 nos que soaban The Doors; e escribiuno todo. É unha voz imprescindible para coñecer e enterder a historia contemporanea dos Estados Unidos. Pero hoxe non falamos das súas crónicas de Hollywood, das electorais ou das que a levaron polo mundo, senón dun libro que escribiu no 2004, logo de perder en cuestións de meses ao seu marido John e á súa filla Quintana.

‘O ano do pensamento máxico’ é unha disección da perda, do dó, da morte e da vida, que podemos ler en galego na editorial Rinoceronte. Falamos coa súa tradutora, Eva Almazán.

 

 

‘Soño de navegante’, unha viaxe pola arte cubana actual

Conversamos con Yadira de Armas e Ana Gabriela Ballate, comisarias desta exposición elaboradaa partir da colección do salmantino Luciano Méndez Sánchez. A mostra reúne 57 obras de 26 artistascubanos contemporáneos e pode visitarse na sede d´Afundación en Vigo ata finais de outubro. 

‘Discoteca Atlántica’, cen discos galegos dos últimos 50 anos

O crítico musical Marcos Gendre? preséntanos Discoteca Atlántica.100 discos galegos (1970-2020), un libro publicado pola editorial Galaxia no que repasa o último medio século da música do país a travésdunha listaxe de cen discos. Do primeiro elepé de Andrés Dobarro ao ‘Latexo’ de Xosé Lois Romero & Aliboria,Gendre selecciona aqueles discos que considera máis creativos, innovadores e representativos, nunha escolmaque recupera tamén traballos pouco coñecidos e que pon o foco especialmente no dinámico presente da música galega.

Pin It on Pinterest