Destacados
O Sereo de Francisco-Leiro
Zoom sobre a realidade nos relatos de Ramón D.Veiga
Un cairn na Pobra do Brollón?
Sobre o alto do monte Moncai, na Pobra do Brollón, divisamos o val de Lemos desde un lugar privilexiado. Estamos a carón dun curioso sitio arqueolóxico que alí coñecen como A Muradella, e que sempre sospeitaron que podería ser algún tipo de fortificación medieval. Foron precisamente os veciños, a Asociación de Cereixa ‘María Castaña’, da que forma parte o arqueólogo Xurxo Ayán, a que impulsou os traballos.
Así chegou ata o lugar un equipo da Universidade Complutense de Madrid, liderado polo arqueólogo Rodrigo Paulos. Logo de varias semanas de traballos na zona, sitúannos agora moito tempo antes, na prehistoria. Podería tratarse dun cairn, un monumento funerario moi coñecido na Europa Atlántica, pero ata agora ausente na Península Ibérica. Unha descuberta que esperta aínda moitas máis preguntas.
O festival Asnot converte Padrón nun escenario teatral
Dende mañá venres ata o domingo celébrase en Padrón o Festival Asnot. Un evento que recrea dunha forma divertida, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas.
Conversamos con Antonio Pérez, de Asnot Asociación Cultural, sobre este festival.
Un ‘Diluvio’ de autocoidado, empoderamento e aceptación de Tanxugueiras
Tanxugueiras preséntanse no seu novo disco cunha treboada. Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro publican ‘Diluvio’, música contra os discursos de odio, contra as envexas e as culpas. 10 cancións que chaman “aprendizaxes capitais”, algunhas novas e outras vellas coñecidas, que todas cantamos a pulmón nos seus concertos.
Olaia Maneiro parou esta mañá nos micros do Diario Cultural, aínda cos nervios e a emoción, para compartir as súas impresións con nós.
8ª edición do Festival Hércules Brass
Celanova acollerá por oitavo ano consecutivo o Festival Hércules Brass. Este é un evento que conxuga unha vocación didáctiva e un afán divulgativo. Do 1 ó 5 de agosto, pasarán polo seu escenario maestros e maestras da trompeta, do trombón, da trompa, da tuba e diferentes intérpretes destes instrumentos de vento-metal.
No Diario Cultural quixemos conversar con Rodrigo Rodríguez, organizador do festival.
“Deitado na area”, a nova canción de Alfonso Espiño.
Escoitamos o novo single de Alfonso Espiño, “Deitado na area” e falamos con él sobre o seu percorrido dentro da industria musical.
Xabier Cid presenta “10.000 millas de andar na bici”
“10.000 millas de andar na bici” é un libro que nos transporta a Glasgow. A cidade onde Xabier Cid estivo traballando, entre 2018 e 2020, como repartidor de comida rápida. Unha profesión que estivo agochando ós seus coñecidos e que agora decide narrar nesta obra.
No Diario Cultural quixemos conversar co propio Xabier Cid sobre a súa novela.
Minuto e resultado da actualidade festivaleira de Galicia
Como é habitual na nosa comunidade en xullo, esta é unha fin de semana chea de festivais. No Diario Cultural quixemos comentar algunha destas citas imperdibles. Conversamos con Jorge Álvarez sobre o Silfest (O Barco de Valdeorras), con Seva Figueirido sobre o Kanekas Metal Fest (Cangas), con Álvaro Fernández sobre o Castelo Rock (Muros) e con Luis Campos sobre o Festival Sinsal (Illa de San Simón).
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- 221
- Seguinte ›