Destacados

Brais Lamela, autor de ‘Ninguén queda’: “O que queda non é politicamente neutro, pódese activar”

‘Ninguén queda’ (Euseino? Editores) é a novela debut de Brais Lamela (Vilalba, 1994), editada por Berta Dávila na nova coleccion Rúa do Lagarto. 

Partindo do Plan de Colonización da Terra Chá dos anos 50, Lamela transpórtanos entre dous mundos, dúas épocas e dúas xeracións: as que habitan a cidade de Nova York e a provincia de Lugo. Un libro no que reflexiona sobre o fogar e o sentimento de pertenza. 

“Algo sempre queda: xente, fragmentos… e o que queda non é politicamente neutro; pódese activar”.

En agosto, videoxogos

Luz Castro acompañaranos durante o mes de agosto para descubrirnos videoxogos independentes e de creacións galegas. Hoxe falamos da aventura gráfica ‘Intruder in Antioquia’ dos coruñeses Aruma Studios e mais do xogo de aventuras ‘Stray’, desenvolvido por BlueTwelve Studios e publicado por Annapurna Interactive.

Tres propostas culturais no Pazo do Tor

O Pazo de Tor, en Monforte, forma parte da Rede Museística da Deputación de Lugo. Nel conflúen nestes días diferentes propostas artísticas: a exposición ‘Proximidade Llunyana’, que recolle historias vitais de mulleres que emigraron de Lugo a Barcelona no século pasado; as residencias artísticas “[De] Semente Terra, [Dá] Terra Semente” e o Sacra Festival, un encontro cultural multidisciplinar que acolle un proxecto de fotografía social coordinado por Vari Caramés, danza e concertos. 

Exploramos os camiños por mar a Compostela

O mito Xacobeo nace no mar. A historia cóntanos que o Apóstolo chegou nunha barca de pedra desde Xerusalén a Galicia, e polo tanto o seu propio camiño parte do mar. Como parte da programación deste ano Xacobeo, o Museo do Mar de Galicia, recorda este fito cunha nova exposición permanente, Camiños por mar a Compostela, centrada nesta e noutras peregrinacións marítimas.

 

 

Xabier Díaz e Antía Muíño, nos Xoves de Códax

Imos ata o Pazo de Almuíña de Arbo, onde Xabier Díaz e Antía Muíño preparan a súa participación no ciclo Os Xoves de Códax. Desde 2012 este ciclo de concertos une paisaxe, viño e música galega e propician encontros entre artistas de diferentes procedencias.

O que hai detrás dunha fotografía

Vituco Neira acompaña a Roberto, fotógrafo afeccionado, pola rúa de San Pedro de Compostela, cámara en man. Con el aprendemos a mirar a cidade doutro xeito, pero as fotos son unha excusa para falar de moitas outras cousas. 

25 anos de Viñetas

Repasamos con Carlos Portela a programación de Viñetas desde o Atlántico. O Salón do Cómic da Coruña celebra a súa vixésimo quinta edición entre o 8 e o 14 agosto. 

Asulagadas, poemas contra o esquecemento

O poemario Asulagadas recolle 101 poemas de Suso Díaz en memoria de Aceredo, Buscalque, O Vao e Reloeira, catro aldeas anegadas en 1992 polo encoro de Lindoso. O libro está publicado por Edicións Positivas e preséntase este bado na aldea de Aceredo. 

Poetas galegos camiño Soria

Poetas galegos camiño Soria

Volve o Festival de Pardiñas

Gustavo Couto repasa na súa colaboración o programa do Festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz entre o 5 e o 7 de agosto, e no que actuarán Comando Curuxás, Ultreia e Carapaus, entre outros grupos

Pin It on Pinterest