Destacados

Exposición do grupo Bacabú

Ata o 4 de setembro pode visitarse na casa museo Casares Quiroga da Coruña a última exposición do grupo Bacabú, formado polos artistas lugueses Quique Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Xermán Refojo e Honorio. Conversamos coa comisaria da mostra, Cristina Carballedo.

Natalia Ginzburg, por fin en galego

Natalia Ginzburg é un dos nomes máis relevantes da literatura italiana do século XX. ‘Léxico familiar’, publicada en galego por Laiovento, traza a historia da súa familia a través das palabras, retrousos e brincadeiras compartidos, en paralelo ao ascenso do fascismo en Italia. Conversamos sobre esta obra coa súa tradutora á nosa lingua, María Alonso Seisdedos. 

Novena edición do festival Bal y Gay

Do 12 ao 24 de agosto o festival Bal y Gay ofrece trece concertos en diferentes vilas da Mariña luguesa. A Real Filharmonía abre o fesival, que pechará a Orquestra Sinfónica de Galicia. Será a edición máis internacional, con nomes como a pianista Elisabeth Leonskaja ou o Armida Quartett,
pero tamén haberá nomes galegos e españois como o Cuarteto Quiroga, Caamaño & Ameixeiras o Skyrion.

Emma Ríos e David Rubín, de novo en Viñetas

 

Emma Ríos e David Rubín son dous dos autores galegos máis relevantes da banda deseñada e testemuñas destes 25 anos Viñetas desde o Atlántico. Os dous asistiron ao festival desde o comezo, primeiro parte da escena galega de fanzines, hoxe xa como autores consolidados. Falamos cos dous da historia de Viñetas e das obras que publicarán proximamente. 

 

‘Animalario de ler a diario’, un poemario bestial de Eduard Velasco

Eduard Velasco estréase na literatura infantil con Animalario de ler a diario, un poemario protagonizado por bechos de todo tipo e no que xoga coas palabras e coa métrica. O libro está ilustrado por Nuria Díaz, publícao Edicións Xerais e foi finalista en dúas ocasións do premio Merlín de literatura infantil.

Festa da Carballeira de Zas e As Nosas Músicas de Couso

Gustavo Couto avánzanos dúas das citas ineludibles da nosa música esta fin de semana, que volven con forza trala pandemia: a Festa da Carballeira de Zas, con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre ou Xisco Feijóo, e As Nosas Músicas, na parroquia estradense de Couso, onde tocarán Leilía e Airiños da Freba, entre outros. 

Filosofía para veraneantes en Corcubión

O ciclo de pensamento ‘Filosofía para veraneantes’ está dedicado este ano a reflexionar sobre o uso da tecnoloxía e os seus aspectos construtivos e destrutivos. Baixo a pregunta ‘Ilusionismos tecnolóxicos?’ convida profesores de Filosofía, científicos, poetas, xornalistas e a todos os asistentes a conversaren sobre intelixencia artificial, Antropoceno, extractivismo ou Internet. 

‘Yo soy la Malinche’, moitas linguas compartindo viñetas

Sobre a colonización de América contáronse moitas cousas, desde moitas perspectivas diferentes. ‘Yo soy la Malinche’ (Nuevo Nueve) é unha historia sobre ese periodo histórico. Hai conquistas e colonizacións de fondo, pero é unha historia sobre as linguas e como nos comunicamos con elas. Porque nos momentos de guerra e conflito, é importante botar man do diálogo.

A Malinche, a quen coñecemos primeiro como Malinalli, é unha muller que fala e entende varias linguas; un pouco como Alicia Jaraba, a autora deste cómic.

 

 

Arte ao aire libre: Fundación Manolo Paz en Cambados

Rosario Sarmiento proponnos hoxe visitar a Fundación Manolo Paz, un grande espazo dedicado á escultura nunha paisaxe moi fermosa, o lugar de Quintáns de Castrelo, onde o río Umia desemboca no Atlántico. Un museo creado polo escultor Manolo Paz que recolle parte da súa obra e organiza exposicións e xornadas sobre arte contemporánea. 

Comeza a 25ª edición de Viñetas desde o Atlántico

Conversamos con Miguelanxo Prado, creador e director de Viñetas desde o Atlántico. O festival de banda deseñada da Coruña celebra os seus 25 anos de vida cunha escolma interxeracional de convidados: David Rubín, Enma Ríos, Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales, Mayte Alvarado, Alicia Jaraba ou Pierre Alary. A programación de charlas e sinaturas esténdese ata o domingo e as exposicións de orixinais poden visitarse durante todo o mes.

Pin It on Pinterest