Destacados

A Loba Branca ouvea en galego no Festival delle Nazioni

A lenda da loba branca do Courel cóntanos que nunha aldea da montaña unha manada de lobos tiña por xefa a esta gran loba. Pero houbo unha batida de cazadores e matárona. Os lobos comezaron entón a ouvear nas portas dos veciños cada noite. Ninguén sabía que ocorría, ata que unha muller, da que se dicía que era meiga, advertiu que o que os lobos querían era a pel da súa xefa. Os cazadores deixárona nun claro do bosque, iluminado pola lúa, e os lobos non volveron á aldea.

É unha lenda recollida en diferentes formas, e por diferentes persoas, Vicente Risco entre elas; que sirve de argumento á primeira ópera do pianista e compositor vigués Brais González. Este domingo, terá a súa estrea en galego e italiano no Festival delle Nazione de Città di Castello.

 

 

Cultura desde O Corgo

Falamos co antropólogo Lois Ladra, técnico responsable do proxecto Corgoral, do concello do Corgo. Unha iniciativa que en 2021 comezou a recoller o patrimonio inmaterial da veciñanza e que neste ano incorporou unha programación cultural estable e un punto de atención á lectura. 

Folk no Alobre e Romaría de Santa Margarida

Gustavo Couto lévanos esta semana a dúas romarías con moita música de raíz:
o Folk no Alobre, en Vilagarcía de Arousa, e mais a Romaría de Santa Margarida 
na Coruña.

‘Isto é rock’, 25 cancións clásicas contadas á rapazada

O xornalista Javier Becerra publica ‘Isto é rock’, un libro no que achega a historia do rock
a nenos e nenas a través de 25 cancións clásicas. De Jerry Lee Lewis a Amy Winehouse, 
pasando por Janis Joplin, The Rolling Stones, AC/DC ou Queen. ‘Isto é rock’ ten ilustracións
de Catuxa Alonso e publícao Hércules de Ediciones

Ruth Matilda Anderson e o traxe galego: un camiño desde a tradición á modernidade

Na década dos anos 20 do século pasado a fotógrafa e investigadora estadounidense Ruth Matilda Anderson chegou a Galicia como enviada da Hispanic Society of America. A súa misión era retratar as vestimentas tradicionais, as empregadas para traballar e as dos días de festa. Hoxe, as súas imaxes representan unha fonte importantísima de información da forma de vida da Galicia rural e urbana daquel tempo.

Imos ata o Museo de Pontevedra, porque alí pódese ver ata o 16 de outubro a mostra ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’, que reúne as fotografías de Anderson cos traxes recuperados e contextualizados pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Na mostra podemos observar os anos nos que Galicia transicionaba entre a tradición e a modernidade, prestando especial atención ao traxe feminino.

 

 

‘Neve en agosto’, primeiro poemario de Nieves Neira Roca

Este primeiro poemario de Nieves Neira Roca alude ás nevaradas fóra de tempo para falar do inesperado, do extraordinario. Con ecos de Uxío Novoneyra ou de María Gabriela Llansol, da filosofía zen ou do misticismo sufí, o libro recolle o asombro que producen a beleza e a enerxía da natureza. ‘Neve de agosto’ está publicado na colección Sentulo da editorial Chan da Pólvora. 

Furafollas, de Barcelona a Córgomo

Conversamos con Anxo Baranga e Blanca Cotado, dous dos membros de Furafollas, un grupo de afeccionados que usa o teatro como plataforma cultural galega en Barcelona desde 1997. O grupo foi pioneiro en reivindicar as Letras Galegas para Delgado Gurriarán e este venres e bado volven a Córgomo para realizar dúas accións teatrais, ‘Teatro encontro con Florencio Delgado Gurriarán’ e ‘Taberna canto conto’.

Unha ponte internacional ocupada por pianos dá comezo ao IKFEM

Unha noite de verán de 2017, a ponte internacional entre Tui e Valença pechou ao tráfico para abrir á musica. A organización do festival IKFEM levaba ata ese espazo en suspensión sobre o rio Miño a un grupo de pianistas, ofrecendo un concerto en simultaneo. É unha das imaxes que mellor representan a razón de ser do IKFEM, o festival internacional de intrumentos de teclado: ser ponte musical entre países.

Agora, en 2022, 5 anos despois, repiten experiencia. Hoxe a ponte internacional está pechada e  encherase de música, literalmente: 10 pianos ocuparán todo o longo da ponte. Tocando, estarán 20 pianistas: galegos, portugueses, españoles e unha ucraína, Marta Bachek.

Falamos coa súa directora, a pianista Andrea González, deste festival que encherá de música a eurocidade do 19 ao 26 de agosto con concertos gratuitos.

 

O pandeiro de Concha do Canizo

Concha do Canizo, da Gudiña, foi unha das últimas tocadoras de pandeiro, antes de que este instrumento cadrado desaparecese das foliadas. Gran virtuosa e transmisora dun enorme repertorio, gravárona tocando desde musicólogo estadounidense Alan Lomax a compiladores e músicos galegos como Xabier Díaz, Leni Pérez ou Xisco Feijóo.
Conversamos coa etnomusicóloga Xulia Feixóo, autora do libro Concha do Canizo. Este pandeiro que toco..que explica a importancia da súa figura e recolle algunhas desas gravacións.

Aprender Na Utopía, algo moi posible

Coñecemos Na Utopía, o universo da aprendizaxe online en galego que creou Lorena García Álvarez. Se entramos en Na Utopía agora mesmo poderemos atopar 5 obradoiros: de pandeireta, de fotografía, de edición de son, de crochet e de falar en público. Unha comunidade que irá medrando pouco a pouco e que ten o propósito de facernos aprender todo tipo de cousas de maneira hábil, online e en galego; ao mesmo tempo que coñecemos a moitos creadores do país.

Pin It on Pinterest