Destacados

“Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos

Comeza unha nova edición do festival de cinema fantástico de Vilagarcía. “Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos con “Regreso ao futuro” e as viaxes no tempo como fío condutor.

Chega aos cines ‘Unicorn Wars’

 

Este venres chega aos cines ‘Unicorn Wars’, a segunda longametraxe do coruñés Alberto Vázquez. Un filme de animación para adultos que propón unha fábula antibelicista na que osiños e unicornios se enfrontan nunha guerra tan cruel como as do seres humanos. Conversamos con Alberto Vázquez e mais con Chelo Loureiro, de Abano Producións, unha das produtoras da película, que se pode ver desde este venres en cines de Vigo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vilagarcía. 

 

A presenza galega na Feira do libro de Frankfurt

España é o país convidado na Feira do libro de Frankfurt e as letras galegas tamén están presentes neste grande encontro internacional do sector editorial.  Desprazáronse a Frankfurt doce asociadas da Asociación Galega de Editoras, que participa con espazo propio dentro do stand da Federación de Gremios de Editores de España. Conversamos con Henrique Alvarellos, presidente da AGE, e co escritor Xesús Fraga, un dos autores galegos que participa na feira. 

O Consello da Cultura Galega presenta Galicia, unha literatura por descubrir

A iniciativa que coincide co inicio da Feira do Libro de Frankfurt está orientada un público internacional

Novo disco de Familia Caamagno, ‘O mundo está derrotado’

Manoele Caamagno présentanos o novo disco da banda de Sigüeiro, oito cancións con espírito cómico-político que miran aos anos 90 para escapar do futuro distópico.

O LP, en que se nota a man do produtor Carlos Hernández, comeza cunha versión de ‘Xuntos’, de Juan Pardo, remata coa canción ‘O día que Fraga finou’. 

O grupo presentará en directo o novo traballo o 29 de outubro na sala Capitol de Santiago.

Do xiro discursivo da maternidade

María do Cebreiro Rábade Villar publica o ensaio Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza

Festival Intersección, no cruzamento entre cinema e arte

A Coruña acolle esta semana a quinta edición do festival Intersección, un certame de cinema de vangarda e arte visual que inclúe na súa programación máis de cen obras dunha vintena de nacionalidades. Conversamos con Gonzalo E. Veloso, director de Intersección, e con Carla Andrade, artista e cineasta que participa este ano no Intersección LAB co seu proxecto ‘Después de nada’, en fase de montaxe. 

A vontade de Helena Villar Janeiro de permanecer como poeta

Na Fraga de Valiñas de Becerreá, hai 50 anos, comezou a historia de Helena Villar Janeiro coa poesía. Unhas vodas de ouro, como ela di, que celebra con un libro, ‘De rosa antiga’. Unha antoloxía que vai desde ‘Alalás’ en 1972 ata ‘Poesía Mínima’ no 2018, e que inclúe tamén algún traballo inédito.

Falamos con Helena Villlar Janeiro neste Día das Escritoras.

Teatro Ghazafelhos estrea a súa obra “Ninja”

O Pazo da Cultura de Narón acollerá, este domingo, a estrea teatral de “Ninja”. Unha obra do Teatro Ghazafelhos pra os máis cativos que aborda a problemática do acoso escolar. Conversamos con Pepablo Patinho, director da obra, e Montse Piñón, actriz. 

A Galicia deseñada: así vemos o noso país

Estamos rodeados de marcas, simbolos, logos… O deseño está en todas partes e estrutura dalgún xeito o mundo que nos entra polos ollos. En Galicia temos moitos e moi bos exemplos de deseños que son xa parte do noso patrimonio cultural. Hoxe imos mirar, nada máis e nada menos, que a 100 deles.

Para iso imos ata o espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, que acolle desde hoxe a exposición ‘A Galicia deseñada’, que nos propón unha viaxe pola historia do deseño galego. Un dos comisarios é o profesor de Belas Artes Marcos Dopico, e os outros dous son Cibrán Rico e Suso Vázquez, fundadores do estudio de deseño desescribir, cos que hoxe falamos no Diario Cultural.

Pin It on Pinterest