‘Na marxe’, novo disco dos composteláns Sinestesia
‘Na marxe’, novo disco dos composteláns Sinestesia
‘Na marxe’, novo disco dos composteláns Sinestesia
O discurso oficial dinos que Cristobal Colón naceu en Xénova, que foi mariño, cartógrafo e gobernador xeral das Indias Occidentais, desde que un 12 de outubro de 1492 puxo pe nas Bahamas, nun continente ata o momento descoñecido para Europa. Pero desde o século XIX, diversas voces apuntan a unha posible orixe galega, que é o que agora leva á Universidade de Granada a procurar a súa pegada xenética na provincia de Pontevedra. Os traballos estanse realizando coa colaboración estreita da Asociación Colón Galego Celso García de la Riega, que preside Eduardo Esteban: “sabemos que Colón era galego, e só queda agardar a que os traballos en Poio e Vilaxoán nos achegen as probas”.
Entre as moitas teorías que hai sobre a identidade de Colón, hai quen apunta a Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga. Historiadores como Suso Vila negan esa relación, pero reivindican a figura política esencial que representaron os Soutomaior na historia da Galicia e da Castela da época.
O Festival de Jazz de Lugo, que se desenvolve en tres escenarios da cidade ata o 20 de novembro, lembrará a Tete Montoliu no ano do 25 aniversario do seu falecemento
O café invita a reunión, a sentar na mesa e falar, a espantar o frío e todos os males. Gústanos tomar café na casa pero tamén fóra, quedar nunha cafetería coas amizades. Aos donos dos bares non lles ha parecer moi ben, pero cun café podes tirar horas falando. Así, non é extraño que durante moito tempo, estes cafés foran lugar de reunión de artistas ou escritores para conversar e debater. Unha institución nacional é o Café Gijón de Madrid, ou o Derby compostelán, e seguro que en cada cidade e vila hai unha referencia semellante.
Agora debatemos menos, moitos destes cafés foron pechando… Pero hoxe queremos recuperar o seu espíritu e para iso visitamos Lugo. Non un café, senón unha galería de arte: Solaina, que dirixe Sergio Marey. O segundo martes de cada mes, comezando hoxe, propón os encontros artísticos-culturais na Solaina arredor dun café.
Estes días imos escoitar falar moito do clima por ese cumio da ONU que se está celebrando en Exipto, o COP27. Fálase de que estamos a tempo de parar unha crise climática todavía maior, pero para iso hai que pasar do papel á acción. E gobernos e grandes empresas a nivel mundial non poñen moito da súa parte. Só 20 países de máis de 200 ratifican os acordos de Glasgow, e os máis contaminantes non están presentes.
Sen deixar de falar do cambio climático, imos desde Exipto ata A Coruña, onde o pasado venres comezaba a 6ª edición do Ffoco, o Festival de fotografía da cidade, cos obxectivos apuntando a esta problemática, da que Galicia non é extraña. Fenómenos naturais extremos, neglixencias humanas, grandes problemas sen resolver. Son as numerosas cicatrices na paisaxe que protagonizan as exposicións principais desta edición do festival, aberto ata o 11 de decembro na Fundación Luis Seoane.
No Diario cultural conversamos con Amador Lorenzo, coordinador do certame.
O escritor e filólogo Gonzalo Navaza ingresa este sábado na Real Academia Galega como académico de número. O seu discurso estará dedicado aos nomes de persoa na toponimia de Lalín, o seu concello natal e poderá seguirse nunha sesión extraordinaria pública na sede da RAG a partir das 12:30 ou a través da web da institución. Conversamos co novo académico sobre onomástica, a compoñente emotiva dos topónimos e a súa paixón polas palabras.