Destacados
Ábrese a convocatoria para unha nova edición de ‘Escoitamos teatro’
A Fundación SGAE convoca unha nova edición de Escoitamos Teatro, certame de textos dramáticos breves para radio e podcast. Trátase dunha iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia coa colaboración da Radio Galega para fomentar la creación de novos textos teatrais en galegos e impulsar o radioteatro.
‘Galiverso somerxido’, patrimonio galego baixo as augas
‘Galiverso somerxido’ presenta unha nova instalación de realidade virtual que propón un paseo en batiscafo para coñecer os nosos fondos mariños. As tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial. A viaxe pode realizarse de balde no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Lost Minnow, o proxecto da música coruñesa Cristina Pena
‘Dear Ghost’ é o novo EP de Lost Minnow, o proxecto musical da instrumentista e compositora coruñesa Cristina Pena. É o seu segundo EP que suma influencias do rock progresivo, o post-hardcore americano ou o math-rock xaponés.
Ailá presentan ‘Sansolimón’, o seu segundo disco
Ailá é unha proposta inspirada na música de tradición oral de Galicia, co obxectivo de facer bailar. Conversamos sobre o ‘Sansolimón’, o seu novo traballo, con dous dos compoñentes do grupo, Xan Pampín e Ángela Carou.
O colectivo artístico Poligonal preséntase coa mostra ‘Paisaxe_0’
Lúa Gándara e Olmo Blanco coordinan este colectivo de artistas visuais que traballa ao redor da paisaxe galega contemporánea e da súa representación artística. Poligonal preséntase en sociedade na mostra ‘Paisaxe_0’, que inclúe obras de 25 artistas e pode visitarse na galería Metro de Santiago ata o 18 de abril.
“As cantigas é algo vivo”
Alejo Amoedo coordina a publicación Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Códax que promoven a Asociación Galega de Compositores e o Consello da Cultura Galega
‘Espontaneadas’, unha fiestra aberta á vida das galegas do Antigo Réxime
As voces esquecidas do psiquiátrico de Conxo
O Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura acolle unha exposición que recupera as historias de mulleres que foron ingresadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, creado en 1885 en Santiago. A mostra inclúe expedientes de ingreso, historias clínicas e diagnósticos de mulleres que ás veces eran consideradas enfermas só por transgrediren os roles de xénero da época. Vidas silenciadas pola sociedade, recluídas na institución e cun contacto exterior estritamente controlado. ‘Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo’ permanecerá aberta ata setembro.
“Creo que aínda nos queda moita traxectoria por andar”
Kalandraka, a editorial dos libros para soñar, celebra 25 anos
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- 221
- Seguinte ›