Destacados

Celebramos o Día do Circo

O sábado 15 de abril celébrase o Día Mundial do Circo. Conversamos con Belém Brandido, presidenta da Asociación Profesional do Circo de Galicia e con José Expósito, da compañía Pista Catro. 

Xavier Miró, pioneiro do pop en galego

Ribadeo homenaxea a Xavier Miró, óptico xubilado da localidade que agacha tamén un pasado como músico. Entre o ano 1969 e 1973 Miró conseguiu entrar nas listas de éxitos cantando en galego, como parte do dúo ‘María e Xavier‘. ‘Miña ruliña‘ e ‘Brila raio da aurora’ foron os seus temas máis coñecidos. O auditorio ribadense Hernán Naval acolle o sábado 15 de abril un encontro de homenaxe no que participarán Guadi Galego e máis dun cento de músicos da Mariña. Conversamos con Ugia Pedreira, unha das directoras do acto, e co propio Xavier Miró. 

Música, humor e arte no ciclo ‘Elas son artistas’

Comeza a sexta edición de Elas Son Artistas, un ciclo dedicado a promover a igualdade na música e as Artes na Coruña e na súa área metropolitana. Conversamos co seu director artístico, Tomi Legido, e coa violinista María de la Flor. Esta cantante e compositora, que reinvidica o valor da música tradicional, actuará este sábado 15 de abril na Fábrica de Oleiros. 

 

Libros para andar polo monte e poñer horta

A ilustradora e autora Blanca Millán preséntanos os seus dous últimos libros: O gran libro dos nosos montes, acabado de publicar,  e O gran libro da nosa horta, finalista na categoría de mellor libro infantil nos premios Follas Novas. Dous álbums ilustrados divulgativos publicados por Cumio para reconectar a rapazada e as familias coa natureza e cos ciclos estacionais. 

O legado musical de Francisco Landín Pazos

Conversamos co músico e etnógrafo Felipe Rea, que investigou en profundidade o compositor Francisco Landín Pazos. Nado en Marín en 1910, Landín Pazos foi autor de obras musicais de moitos xéneros, impulsor da gaita como instrumento de primeira orde e creador da primeira banda de gaitas de rapaces. 

‘O mesmo animal’, novo disco de Martelo

O power trío rompe unha década de silencio discográfico con nove cancións enérxicas e de letras combativas.

Pin It on Pinterest