Destacados

Os músicos galegos volven a casa polo Nadal

A música clásica volve a Galicia polo Nadal. Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro.

Entrevistamos a oboísta Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense.

‘Once cancións e unha danza’, do pianista Alberto Vilas

O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. Unha reportaxe de Ánxela Diéguez.

Un Nadal de concertos

Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar.

‘Memorias do ceo’, a Galicia dos 80 desde o aire

Tono Mejuto fálanos do proxecto ‘Memorias do ceo’, que parte do arquivo de fotografías aéreas do territorio galego que a empresa Crazzyflight realizou nos anos 80 para vender casa por casa. Unah escolma dese fondo pode visitarse na Fundación Luis Seoane dentro da Coruña, no marco do festival de fotografía FFoco. A visita pode complementarse coa web memoriasdoceo.online, que permite explorar todas as imaxes e reflexionar sobre as transformacións sociais, territoriais e fotográficas dos últimos 40 anos.

Un Nadal de xogo

‘Nadal no Gaiás’: música, teatro, xogos e moito máis ata o 7 de xaneiro! Falamos con Fátima Mª García, Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Xunta de Galicia e coordinadora dos proxectos de Galiverso.

Cantos polo Nadal con Ailá

Do que se trata é de revitalizar (este patrimonio) dende os tecidos sociais, dende as agrupacións e as asociacións que son quen move este ecosistema”. Ailá de Nadal , os cantos do nadal recreados no novo disco de Ailá. Falamos con Xan Pampín e Manuele Pardo.

Regalos culturais para este Nadal

Algunhas ideas de regalos culturais: libros especiais como a colección de Clásicos Ilustrados de Aira Editorial, entradas para concertos como a xira ‘Síntese Horizonte’ de Guadi Galego, bonos para ir ao cine como os que ofrecen os cines Dúplex de Ferrol ou billetes para estreas escénicas do 2014 como ‘Iribarne’, da compañía Butaca Zero.

‘Os mil e un días’, o último de Carmen Villar

A autora Carmen Villar Alonso preséntanos o su último poemario, ‘Os mil e un días’, unha escolma de fotopoemas editada por Xerais.

Zënzar celebran cun concerto os seus ’35 anos bourando’

O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na historia do rock en galego.

Doar a voz, doar galego

O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.

Pin It on Pinterest