Destacados

Como facer unha peli de zombis

‘As tres outras vidas de María Santiso’ é unha comedia negra con zombis e tamén un falso documental sobre o difícil que é facer unha película. O filme, cun elenco encabezado por Lucía Veiga e Tacho González, acaba de rematar a súa rodaxe e procura máis financiamento a través dunha campaña de micromecenado. Falamos con Roberto Alvite, produtor, director, guionista e actor da película.

‘O reiciño da Galiza’ de Victor Hugo, en banda deseñada

Inacio Vilariño e Iván Suárez asinan guión e ilustracións, respectivamente, desta obra que publica Demo Editorial. É unha adaptación ao cómic de ‘Le petit roi de la Galice’, obra do poeta francés Victor Hugo que narra o rapto do primoxénito do rei García II, o derradeiro monarca galego. Os autores inspiráronse na tradución ao galego realizada por Henrique Harguindey. 

O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresa na RAG este sábado

O catedrático de Historia Contemporánea da USC, especializado en historia agraria e no estudo da guerra civil e  o franquismo, ingresa na Real Academia Galega como membro de número. Nunha sesión extraordinaria pública no teatro Jofre de Ferrol o novo académico dará lectura a un discurso titulado “A memoria, a historia e a política”, no que analiza unha esquecida polémica entre Camilo José Cela e Valentín Paz-Andrade producida no ano 1977.

Caldo constrúen un fogar musical en ‘Lugar A Ponte’

O trío folk Caldo acaba de publicar o seu segundo disco, ‘Lugar A Ponte’, en torno á idea do fogar e a intimidade. Seguen inspirándose na música tradicional, pero incorporan letras propias e exploran diferentes texturas sonoras coa produción de Alberto Cernadas e colaboracións de Germán Díaz, Luís Peixoto ou Diego Alonso. O disco presentarase en directo o 9 de xuño en Santiago, dentro do festival ‘O que non se escribe’.

A colleita 2023 do festival de cine escolar Olloboi

Rapazada, profesorado e profesionais do audiovisual comparten a xornada grande de Olloboi, festival audiovisual en cuxa décima terceira edición participan 55 centros escolares de toda Galicia.

Jordi Francés dirixe a Real Filharmonía no último concerto da temporada

Conversamos co director de orquestra alacantino Jordi Francés, que levará a batuta do último concerto da temporada da Real Filharmonía de Galicia, o 25 de maio no Auditorio de Galicia en Santiago. O programa leva por título ‘Novos horizontes’ e incluirá o Concerto Romanés de György Ligeti, Sinfonía de Cámara de Dmitry Shostakovich e a Sinfonía núm. 4 en re menor de Robert Schumann

Pin It on Pinterest