Destacados
Cantometrics, unha mirada contemporánea do arquivo de Alan Lomax
A SELIC volve celebrar a lectura na praza compostelá da Quintana
O Festival da Lectura volve a Santiago entre o 9 e o 18 de xuño. Autores como Miguelanxo Prado, Cristina Morales, Olga Novo ou Suso de Toro participarán nesta sétima edición da SELIC, que inaugura unha sección dedicada á literatura criminal, con Arantza Portabales, Patricia Janeiro, Lorenzo Silva ou Diego Ameixeiras. O encontro incluirá conversas, sinaturas, dramatizacións, paseos literarios e concertos como os que ofrecerán Christina Rosenvinge e Su Garrido Pombo.
A xira de despedida de ‘Elisa e Marcela’
Despois de 6 anos de xira e 270 representacións a compañía teatral A Panadaría dille adeus a esta montaxe que conseguiu 4 premios María Casares, entre outros recoñecementos. Unha comedia musical inspirada por Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas, as dúas mulleres que conseguiron casar na Coruña no ano 1901, que xa viron cerca de 50.000 espectadores en toda a Península. A despedida comeza o 13 de xuño en Bembrive e rematará na Coruña o 1 de xullo, co epílogo dunha función especial na MIT de Ribadavia e vén acompañada dun libro que inclúe o texto da montaxe, as partituras das cancións e diferentes achegas sobre esta obra que xa forma parte da historia do teatro galego.
As chaves do éxito para Luz Casal: “Esforzo e inconformismo”
Luz Casal foi elixida como ‘comendadora’ das Artes e Letras en Francia, a máxima distinción artística do país. A cantante subliña a importancia que ten para ela o esforzo persoal e as ganas por mellorar cada día para conseguir os seus obxectivos: “Todo recoñecemento é unha proba de que existes para o mundo”.
A poesía con fouciño de Samuel Merino
‘Con esta hoz’ inclúe poemas en galego e castelán, camiños vitais que Samuel Merino abre na maleza coa axuda do fouciño. Literatura e filosofía danse a man na obra, publicada por Disbauxa, unha nova editora catalá centrada no plurilingüismo, a oralidade e a diversidade. Merino presenta o poemario o 8 de xuño en Ourense e o 9 de xuño en Pontevedra. ‘Con esta hoz’ incorpora un audiolibro, ‘Con esta fouce’, para escoitar os poemas recitados polo seu autor.
“O poema non é as palabras na páxina, iso é o iceberg do poema”
Chega ás librarias As cunchas baleiras, o novo libro da poeta Branca Novoneyra.
Chicharrón: “Este disco reivindica o ‘indie’, que agora está moi deostado”
Rosalía universal
“No meu caso hai unha intención de reivindicar esas prácticas que foron desprezadas por ser consideradas femininas decorativas”
Almudena Fernández Fariña inaugura no CGAC a exposición Pisando charcos.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- 221
- Seguinte ›