20 anos do Teatro Ensalle
20 anos do Teatro Ensalle
20 anos do Teatro Ensalle
Pío Barreiro recoméndanos hoxe un dos seus autores de BD favoritos, o brasileiro Leo, responsable de obras como Trent ou Mondes d´Aldébaran.
Jazz de Ría e Canjazz
Carlos Crespo escolle o noso menú de música en directo este verán. Nesta semana, o Jazz de Ría na Costa Ártabra, con concertos como o de Nastasia Zürcher, e o regreso a Galicia duns clásicos contemporáneos do rock, os estadounidenses Wilco.
A artista Paula Pin defínese como bio-hacker e artista trans-hack-feminista. Impulsa en Lugo ‘Alcuirmia’, un laboratorio experimental a partir do coñecemento sobre as plantas e fungos da contorna do río Miño.
Sole Felloza cóntanos historias exemplares sobre a necesidade de folgar, especialmente no verán.
Conversamos con Ico, o vocalista de O Sonoro Maxín, grupo emblemático da escena musical galega que neste 2023 volveu aos escenarios despois dunha parada de case dous anos.
A ensaísta e investigadora Aurora Marco é homenaxeada pola plataforma de crítica literaria A Sega, impulsora do Día das Galegas nas Letras. Marco leva catro décadas recuperando os nomes e traxectorias de mulleres invisibilizadas en todos os ámbitos culturais e sociais. Publicou obras pioneiras como o Dicionario de mulleres galegas, Mulleres na guerrilla antifranquista galega ou Irmandiñas.
‘O soño da sultana’, animación feminista con produción galega
BD de verán: Teresa Radice e Stefano Turconi