Destacados

Música na biblioteca de Arteixo

Nesta edición de Diario Cultural dirixida por Paula Riveiro os ouvintes viaxaron ata a biblioteca O Froxel Francisco Vidal de Arteixo onde os libros se poden palpar. Esta biblioteca para escoitar música acolle o espectáculo “As parábolas de Pakolas” de Paco Cerdeira.

O ‘Sempre en Galiza’ de Castelao, agora en inglés

Esta edición de Diario Cultural presenta o libro de Castelao ‘Sempre en Galiza’ en inglés. A tradución explica o significado de palabras como morriña, saudade ou muiñeira.

Chuches Amil publica o seu segundo disco

“Monstros, con ou sen consentimento” é o segundo traballo de Chuches Amil, o grupo de música para
todos os públicos que lidera Fran Amil. Publica este libro-disco a editorial Galaxia dentro do seu selo Sonárbore.

Novas mostras de arte en Vigo e Lugo

Diario Cultural viaxa con Rosario Sarmiento ata as novas mostras de arte expostas en Galicia. O pintor Antón Goyanes expón a súa obra no Museo do Mar de Vigo. Trátase dunha exposición que amosa a vinculación do artista co mar e con Vigo. A longa traxectoria artística de Goyanes demostra que é un dos grandes pintores da actualidade. A súas obras sempre teñen un matiz anovador e sorprendente. Unha exposición que estará aberta ata o mes de novembro.

En Lugo, o artista Jesús Otero Iglesias expón a súa obra na galería da Catedral de Lugo. Pintura de carácter intimista, pero con trazos emotivos. A súa obra tamén pode ser admirada ata o mes de novembro.

Podcast Diario Cultural 17:30

A biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compotela acolleu este luns 15 o recital ‘Palabra de muller’ co motivo do Día das escritoras. As palabras de autoras como Rosalía de Castro, Xohana Torres ou Xela Arias foron as protagonistas do acto.

Neste espazo cultural Paula Riveiro tamén falou sobre a nova película galega ‘Sea Beasts’ dirixida por Felipe González. Intriga, angustia e maltrato serán os eixes sobre os que xira esta historia construída ao carón do mar.

Estrea de ‘Arnoia, Arnoia’ en Santiago

Estreo de ‘Arnoia, Arnoia’, de Quico Cadavl, en Santiago de Compostela.

Compostela acolle o III Festival Herdanza

Compostela acolle o III Festival Herdanza

Obradoiro de creación literaria da AELG en Rianxo

As historias no espello. Antón Riveiro Coello fálanos do Obradoiro de creación literaria da AELG que impartirá en Rianxo.

Festival Manta, do Centro Cultural Vila Flor de Guimarães, abre temporada

O Festival Manta abre temporada do Centro Cultural Vila Flor de Guimarães. Coñecemos programación co director artístico, Rui Torrinha.

Pin It on Pinterest