Destacados

Recital de Carlos Lixó: ‘As Casas’

‘As Casas’, de Carlos Lixó. O escritor de Ribeira preséntanos en recital o seu primeiro libro.

Un tema e un tema: O traballo. Unha colaboración de Cibrán Tenreiro.

Un tema e un tema: O traballo. Unha colaboración de Cibrán Tenreiro.

Unha poeta melódica de estética dance: Javiera Mena

Conversa coa artista chilena Javiera Mena na Coruña antes da súa actuación no ciclo de concertos con catas de viño Acreativa.

O ‘Ovniporto’ de Montoedo acolle a presentación da nave espacial de Lucio Ballesteros

O ‘Ovniporto’ da aldea ourensá de Montoedo acolle a presentación da nave espacial de Lucio Ballesteros: nave e personaxe protagonistas do filme 10 / 7 do que falamos co seu director Xoel Méndez.

Su Garrido Pombo gaña o Premio Fran Pérez ‘Narf’ de música

Su Garrido Pombo gaña o Premio Fran Pérez ‘Narf’ de música da Deputación da Coruña.

III Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra celebra mañá a III Xornada de Onomástica Galega. Investigadores e expertos como David Rodríguez, técnico de normalización lingüística do Concello de Cedeira, falarán sobre este tema nunha actividade aberta a todos os públicos.

O certo é que algúns dos apelidos actuais teñen relación cos antigos alcumes. No mundo dixital, os usuarios deciden un alcume para rexistrarse nos perfís das redes sociais e outras plataformas. A maioría deles aposta por incluír palabras relacionadas cos seus intereses culturais, películas e libros, así como o lugar de procedencia e outros topónimos. Alcumes e outras curiosidades para reflexionar durante a xornada de mañá.

Unha nova forma de ir ao cine sen moverse da casa

Boas novas para os cinéfilos! Chega a Europa unha iniciativa para ver os últimos estreos do cine dende casa. Os usuarios rexístranse nunha aplicación, pagan dez euros e poden ver tres películas ao mes. Desta forma, os espectadores poden ver as últimas novidades cinematográficas dende casa e pagando moito menos.

Begoña Vázquez repasa no Diario Cultural os estreos da semana. Entre eles, a comedia de ‘Miau’ coa participación do actor galego Manuel Manquiña e o filme dramático de ‘Petra’. A recomendación do día é o documental ‘Desenterrando Sad Hill’, unha peza única e con gran éxito no Festival de Sitges.

 

O CSIC celebra o seu décimo aniversario en Galicia

A delegación do CSIC en Galicia celebra con doses de humor o seu décimo aniversario. O delegado institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, falou hoxe no Galicia por Diante da Radio Galega da importancia da divulgación da ciencia na sociedade.

A crise económica foi unha das protagonistas destes primeiros dez anos do CSIC en Galicia, o que dificultou a investigación e o progreso científico. Trasladar a cultura científica ao público xeral é esencial para que as persoas podan tomar decisións con liberdade.

A obra en galego do escritor finlandés Arto Paasilinna

A obra en galego do escritor finlandés Arto Paasilinna.

O espectáculo ‘As parábolas de Pakolas’ chega a Arteixo

O libros cobran vida na biblioteca O Froxel Francisco Vidal de Arteixo. Temas musicais propios dirixidos ao público infantil. Así é o espectáculo ‘Parábolas de Pakolas’ do autor e compositor Paco Cerdeira.

Pin It on Pinterest