Destacados

Inauguración da exposición ‘Sonoro empeño’ que combina pintura e música

A exposición ‘Sonoro empeño’ representa a relación entre a pintura e a música con pezas de pintores como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Xaime Quesada ou Luis Caruncho. Pintar os sons e transmitir con música unha obra plástica é a mensaxe que está presente ao longo desta mostra. Artistas como Kandinsky teorizaron sobre este tema e estableceron analoxías entre timbres sonoros e cores, así pode asociarse o verde co son do violín, o azul claro coa frauta e o azul escuro co violonchelo.

A mostra está dividida en catro seccións. A primeira delas é a sala de iconografía musical, que representa os músicos e os seus instrumentos. A segunda é a sinestesia que persegue a utopía de crear unha hibridación perfecta entre as dúas expresións artísticas. En terceiro lugar, o tema das festas e das danzas dende unha visión moi variada, dende as romarías ata a estética pop. A última das salas recrea a relación entre a música e a pintura dende unha visión máis particular: os ollos da infancia.

A vila de Sada acolle o movemento cultural Esperto

O Grupo Cultural Esperto presenta a súa programación do mes de novembro con monólogos, charlas, concertos… Un programa para todos os gustos que busca fomentar as vertentes da arte.

‘Dúas donas que bailan’ é a nova obra da compañía de Teatro do Atlántico

‘Dúas donas que bailan’ pretende facer reflexionar na sociedade actual sobre temas como a soidade na vellez, o alzhéimer, a especulación inmobiliaria, a amizado ou a violencia. Todo isto dende o punto de vista oposto das dúas mulleres protagonistas: unha viúva con ganas de recuperar o tempo perdido e outra moito máis conformista.

María Vilar mostra a súa exposición de cómic ‘Vida entre viñetas’

María Vilar tivo claro desde os 13 anos que a súa paixón eran os cómics. Foi un camiño duro, pero hoxe atópase presentando a súa propia exposición en Vigo. Nela reflicte en 18 paneis uns 20 anos de duro traballo neste mundo.

Xurxo Souto presenta o seu libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’

A historia do seu libro narra a viaxe dunha muller en barco que parte cara ao Gran Sol. Un libro diferente, en que se conta unha historia do mar chea de mulleres. Ademais, Vigo e A Coruña convértense nunha mesma cidade.

Antón Reixa presenta o libro ‘Michigan/Acaso Michigan’ escrito despois de 18 días en coma

Antón Reixa presenta o seu libro ‘Michigan/Acaso Michigan’, no que narra a súa experiencia persoal despois de sufrir un accidente de tráfico. O escritor asegura que é a primeira vez que escribe por necesidade terapéutica tras vivir o peor momento da súa vida. O resultado é un libro de esperanza para todas aquelas persoas que podan estar pasando por un momento semellante.

Nesta obra reflexiona sobre os 18 meses que estivo en coma, a súa estancia nun asilo e o papel do azar como determinante dunha vida. Antón Reixa busca transmitir unha mensaxe de concienciación para evitar a fatiga ao volante, xa que esta foi a causa do seu accidente.

A representante Patricia Hermida, de Mulleres na Industria da Música, analiza a feira BIME de Bilbao

A manager Patricia Hermida, da asociación MIM, Mulleres na Industria da Música, relátanos a feira BIME de Bilbao.

Ourense é moito: 15 anos do Café & Pop Torgal.

Ourense é moito: 15 anos do Café & Pop Torgal.

O Festival de Cans recibe o Premio Cultura Galega 2018

O Festival de Cans recibe o Premio Cultura Galega 2018 na modalidade audiovisual, coincidindo coa celebración dos seus quince anos de historia. Neste espazo cultural falamos co seu director Alfonso Pato, quen se mostra moi agradecido coa acollida do festival e o asentamento do que goza na actualidade, xa que non é fácil “levantar un festival así cada ano”, explica no Diario Cultural.

O Festival de Cans rompe coas barreiras temporais e xeográficas. Hoxe chega a Ferrol no certame ‘Videoclips a Esgalla’ e mañá estará en Lisboa co proxecto ‘Cans itinerante’. A esencia do festival é visibilizar a produción propia de Galicia e aos creadores que traballan neste ámbito.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Auditorio de Galicia inaugura a exposición ‘Territorios de intimidade’ na que se amosa a figura da muller durante o franquismo. Trátase dun percorrido a través das creacións artísticas de 13 mulleres representativas da época. A mostra conta con diferentes liñas temáticas, entre elas a familia, o traballo e o territoio da intimidade. Nesta última, as artistas Carmen Corredoira, Elena Fernández Gago e Victoria de la Fuente recrean espazos próximos a súa vida diaria como o interior dunha igreza, dunha casa e dun estudio.

Neste espazo cultural tamén falamos co dramaturgo Jorge Coira, para quen “hai que empezar cada proxecto dende cero, buscando a mellor maneira de narrar unha historia”. No seu Rábade natal, Jorge comezou a facer curtas dende que tivo unha cámara nas súas mans e imaxinou o que sería converterse nun director de cine. O seu soño fíxose realidade.

Pin It on Pinterest