Destacados

Un tema é un tema: a orixinalidade

Xogamos ás adiviñas con Cibrán Tenreiro e aprendemos a que cancións se parecen “Te vas con cualquiera” de Novedades Carminha, “Buraco negro” de Sr. Anido e Sra. Álvarez, “Tryin’ to fuck me” de Cudevaso ou “Nobody Really Cares if You Don’t Go to the Party” de Courtney Barnett. Todo para tratar o tema da orixinalidade e rematar no tema a escoitar: “Llueve”, de Siniestro Total.

O director vigués Fon Cortizo presenta en Cineuropa a súa nova longametraxe ‘9 fugas’

Convesamos co director vigués Fon Cortizo, que presenta en Cineuropa un adianto da súa nova longametraxe: ‘9 fugas’. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.

Conversamos con Comba Campoy sobre os últimos días de Titiriberia

Conversamos con Comba Campoy, da asociación ‘Morreu o demo’, sobre os últimos días de Titiriberia. O festival de monicreques de Teo estrea ‘As Varietés de Barriga Verde’ e revisa o rol da muller nas marionetas tradicionais co espectáculo ‘Dona Barriga Verde’ de Larraitz Urruzola.

Chega ás librarías a primeira parte de ‘As crónicas do viaxante’, de Carlos Vila Sexto

Falamos con Carlos Vila Sexto, autor da triloxía ‘As crónicas do viaxante’. Chega ás librarías a súa primeira parte, ‘O pasaxeiro 19’.

Asalto ao ring de boxeo para loitar con palabras

A Cidade da Cultura, un ring de boxeo e un gran número de participantes son os protagonistas do ciclo Asaltos, unha iniciativa na que os loitadores soamente poden empregar unha única arma: as palabras. A primeira xornada, este venres día 9, contará coa participación do periodista Óscar López, o crítico literario Ramón Nicolás e a libreira Alejandra de Diego. Este debate será moderado por Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

A coordinadora do proxecto, Alba María, visitou o Diario Cultural e asegurou que “empregar as palabras para expresar o que pensamos e sentimos é absolutamente poderoso”. O conflito como unha forma de buscar argumentación e adquirir novos coñecementos. A Cidade da Cultura converterá novembro nun mes de boxeo con palabras.

Publícase ‘A través do fume’, premio Torrente Ballester 2017

Antonio Piñeiro, autor do libro premiado co Torrente Ballester 2017, da Deputación da Coruña. A Editorial Galaxia acaba de publicalo.

Neste libro atoparemos unha forma de ver a migración e a separación das familias nos anos 70 dunha forma esperanzada e crúa ao mesmo tempo.

 

Xabier López, gañador do Premio Torrente Ballester

O escritor Xabier López é o gañador do Premio Torrente Ballester coa súa obra ‘900’. A novela percorre a historia de Galicia e de Europa dende o século XIX ata a posguerra. “Sagaz e cervantina”, así definiu o xurado esta peza. O lector comeza esta viaxe a través das letras cunha cita de ‘Os camiños da vida’ de Otero Pedrayo. A partir de aí, o declive da fidalguía galega convértese no punto de enlace coa historia de Xabier López.

Neste espazo cultural tamén presentamos o novo proxecto de Baiuca, coñecido tamén como Álex Guillán. A súa creación constrúese a partir do traballo de Aliboria, un colectivo de novos músicos galegos dirixidos por Xosé Lois Romero. Trátase de ‘Olvídame’, un canto enxebre con música tradicional, que mestura elementos do pasado con trazos muy anovadores.

 

‘Alba de Gloria’, o derradeiro discurso de Castelao

Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

Un texto único e escrito no exilio que o Consello da Cultura Galega inaugura hoxe. Un traballo visual e sonoro que se pode visitar no Panteón dos Galegos Ilustres ata o 3 de febreiro.

Manuel Gago é o responsable da exposición. Falamos con el para indagar un pouco máis sobre esta mostra.

Arranca Cineuropa en Compostela

Compostela énchese de cine no mes máis esperado do ano para os cinéfilos. Este mércores comeza Cineuropa con máis de 300 proxeccións e un xurado formado por xente nova. O estudantado universitario é o que consolida ano tras ano esta oferta cinematográfica. Ángel López e Gonzalo Rodríguez, de Farmacia e Historia da Arte, forman parte deste novo xurado. Ambos contan con ver máis de 22 películas neste mes de novembro.

Trátase dun fenómeno cultural compartido entre os amantes do cine. Nesta edición de Diario Cultural, Ángel e Gonzalo reflexionaron sobre a frecuencia coa que a xente nova visita as salas de cine. Ambos coincidiron en que Cineuropa é unha ocasión perfecta para descubrir o auténtico cinema e pezas creadas por artistas galegos.

Arte inclusiva e sen barreiras

A cultura é un dereito de todas as persoas, polo que é unha obriga garatir a súa accesibilidade. A exposición ‘Cogami. Pezas e trazos’ da Cidade da Cultura amosa as pezas creativas de 244 artistas con diversidade funcional. A mostra está formada por 20 pinturas, 11 fotografías e unha obra literaria.

Outro exemplo é o ‘Festi=. O Festival de Artes pola Inclusión Social’, un encontro para descubrir a cultura sen barreiras. A súa razón de ser é formar un proxecto no que participan persoas con diversas capacidades. O Teatro Colón abre mañá as súas portas para representar ‘Picasso: A Ollada nas Mans’, configurando así os primeiros días dunha programación que chegará ata decembro.

 

 

Pin It on Pinterest