Destacados

Recordamos o cineasta galego Horacio Valcárcel

Hoxe falamos con Pepe Coira do cineasta Horacio Valcárcel, que foi guionista de películas como ‘Espérame en el cielo’ ou ‘La próxima estación’, pero tamén de series de televisión como ‘Verano azul’ ou ‘Farmacia de guardia’. Tamén foi candidato ao Goya como guionista en catro ocasións.

Horacio Valcárcelo soamente dirixiu unha película: ‘Miguelín’, que foi premiada no Festival de Cannes. Este martes día 11 proxéctase no CGAI da Coruña, así que é unha boa oportunidade para ver este filme, tan importante na historia pero, á vez, tan pouco distribuído.

Neste ‘Diario cultural’ falamos cun compañeiro de profesión e de cidade natal, Pepe Coira.

“Eu descubrín o seu nome nos libros de cine e quedei abraiado con que fora de Rábade”, ao que engade, “era un home extremedamente discreto, nunca quería aparecer en nada e menos para falar del mesmo. Pero non se puido negar a volver á súa vila e facer o pregón”.

Barahúnda estrea “Onde vai o mar”, o seu novo disco

Barahúnda saca novo disco, “Onde vai o mar”, e preséntao no Culturgal. Falamos con Helena de Alfonso e Jose Lara, voz e guitarra do grupo, para que nos conten un pouco máis sobre o novo traballo.

Podcast Diario Cultural 17:30

Barahúnda saca novo disco, “Onde vai o mar”, e preséntao no Culturgal.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, preséntanos a mostra “Trece estampas da traizón”.

Diana López consegue o Premio do Público do OUFF coa curta ‘Feminazi’

As artes son fundamentais para reflexionar sobre os dereitos humanos. Son moitas as películas que reclaman á igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres.

A curtametraxe ‘Feminazi’, de Diana López Varela, vén de recibir o Premio do Público no Festival de Cine de Ourense. A directora reflicte unha realidade que ela mesmo viviu en primeira persoa e que representa a vida cotiá das mulleres.

Neste Diario Cultural falamos con Diana López sobre o termo ‘feminazi’. “O feminismo defende os dereitos das persoas, e o nazismo é todo o contrario”, explica.

Outro exemplo é ‘Tódalas mulleres que coñezo’, de Xiana do Teixeiro. “Camiñar de noite co número da policía marcado no móbil”, “poñer a capucha para parecer un home”ou “simular que falamos con alguén por teléfono” é a realidade á que nos afrontamos todas as mulleres, contan as protagonistas desta peza cinematográfica.

Recital de Noelia Gómez. A nova poeta rianxeira presenta primeiro libro: ‘O xiro’

Recital de Noelia Gómez. A nova poeta rianxeira presenta primeiro libro: ‘O xiro’

Ugía Pedreira presenta ‘A comuna del barruzo’

Ugía Pedreira presenta o libro disco ‘A comuna del barruzo’. Neste novo traballo ofrece dez pezas en galego-asturiano, convértendose nunha ponte entre Galicia e Asturias. Unha historia protagonizada por seres máxicos e míticos que fan desta peza unha obra maxistral.

Un disco centrado no territorio, en dúas culturas que se mesturan e rachan coas fronteiras xeográficas. Música creada para bailar todos xuntos en familia e facer unha viaxe ata os anos 80.

Esta nova exploración musical é tamén unha oda á ruralidade, para recordar que as cidades viven grazas aos recursos do rural, así que propón unha volta ás aldeas.

The Beatles chegan ao mundo do cómic

“Yellow Submarine” é unha adaptación á banda deseñada do filme, co que se celebra o seu 50 aniversario. Trátase dunha publicación de 112 páxinas, redebuxadas por Bill Morrison.

Na historia John, Paul, George e Ringo viaxan a Pepperland e loitan para liberar esta terra do malvado gobernante Xefe Mezquino Azul, que detesta a música.

Xavier Bermúdez recibe a Calpurnia de honra do festival de cine de Ourense

Hoxe finaliza o Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, cunha gala de clausura na que o director de cine Xavier Bermúdez recibirá a Calpurnia de Honra, o recoñecemento máis importante do evento. O nome de Calpurnia fai referencia á primeira habitante coñecida de Ourense na época romana.

Neste Diario Cultural falamos con Xavier Bermúdez e recordamos algunhas do seus filmes máis célebres como ‘Nena’, ‘León y Olvido’ ou ‘Rafael’. O dramaturgo ourensán foi o primeiro en realizar un filme cun protagonista con Síndrome de Down, un feito moi aplaudido por numerosas asociacións.

O Festival de cine ourensán tamén presentou a monografía ‘Dos pés á cabeza. As películas de Xavier Bermúdez’, escrita polo historiador cinematográfico e crítico de cine Eduardo Galán. O escritor asegura que ‘o cinema galego existirá cando un cineasta, cunha visión persoal propia, resulta recoñecido fóra das fronteiras de Galicia como algo xenuíno”, ao que engade que “as películas de Xavier Bermúdez representan o país dunha forma moi acertada”.

O filme “As Bruxas de E´lente” preséntase no OUFF

O filme “As Bruxas de E´lente” presentouse esta fin de semana no OUFF. Simón Vázquez, director da película, fálanos de como naceu a idea e como se levou a cabo.

Factoría de Subsistencias presenta o disco ‘Amores Fraticidas’

A Factoría de Subsistencias presenta o seu novo traballo “Amores Fraticidas”. Neste Diario Cultural falamos con Josito Porto, un dos integrantes do grupo, despois da presentación oficial do disco no Culturgal de Pontevedra.

As cancións ‘Bágoas de fresa’, ‘Histérico, Volverei’, ‘Feo’, ‘Sorriso animal’ ou ‘Un mundo feliz’ son algunhas das composicións feitas por Josito Porto, Sabela Dacal, José Lameiras e David Cid.

As súas pezas están compostas coa mestura da acidez e da suavidade para retratar a paisaxe da realidade, sen esquecer a importancia social de denunciar e defender a liberdade.

Pin It on Pinterest