O 30 de xaneiro é o Día da Paz, pero tamén da Ilustración, xa que é a data de nacemento de Castelao. Esta edición está dedicada ao ilustrador Federico Rivas.
O vigués Federico Rivas foi un pioneiro na dirección de arte no ámbito da publicidade, chegando a ser un dos grandes artistas da década dos 20 e dos 30.
Neste espazo cultural falamos con Bea Lamas, quen descubriu a ilustración buscando novos camiños profesionais. Alí atopou un mundo apaixoante e tamén descubriuse a si mesma.
“O artista ten que enfrontarse só ao papel en branco, pero logo o traballo sae ao mundo e está presente na nosa vida diaria”, conta o ilustrador Santy Gutiérrez.
“Todo o que temos ao redor é ilustración, o noso traballo é moi social”, engade o experto.
Ambos recordan os seus inicios como ilustradores, unha paixón que foron descubrindo dunha forma moi natural nas súas vidas.
Nun día de celebración coma hoxe, a Cidade da Cultura e as bibliotecas galegas convértense no centro dun gran número de actividades relacionadas con este ámbito artístico.