Destacados

“Elisa e Marcela” chega á Berlinale

A productora executiva de Zenit acompáñanos dende Berlin nesta nova edición do Diario Cultural para falar da película de Isabel Coixet “Elisa e Marcela” que se proxecta hoxe na Berlinale.

O filme narra a historia de dúas mulleres galegas que se coñecen e namoran na escola onde traballan. A través da paisaxe de Galicia poderemonos achegar ata o primeiro matrimonio de mulleres en España a comezos do século XX.

 

 

Celebramos o Día Mundial da Radio con Medio Bolo

A Radio Galega celebra o Día Mundial da Radio con Medio Bolo, unha aposta pola música a través dos concertos de curta duración coa fusión de tradicional e electrónico de Baiuca e Aliboria. Explicanolo todo a coordinadora deste proxecto Xiana Arias

O theremin é o instrumento protagonista do novo disco de Paulo Pascual

Escoitámolo nas películas, na ficción e nas bandas sonoras. Pode que unha parte dos oíntes non se decaten, pero hai quen fica abraiado e pregúntase: que instrumento é ese? Así foi como Paulo Pascual Castro descubriu o theremín.

“É unha especie de caixiña con dúas antenas, que funcionan con dous campos electromagnéticos. Imos movendo a man e modulando o son”, explica o músico galego.

Paulo Pascual é o primeiro thereminista de Galicia en gravar un disco con este instrumento como protagonista. Este sábado podémolo ver en directo na Iguana de Vigo.

Descubren en Casaio pinturas rupestres de fai 5.000 anos

Carlos Tejerizo é o coordinador dun equipo de investigadores que acaba de descubrir en Casaio, na localidade ourensán de Carballeda de Valdeorras, o maior conxunto de pintura esquemática prehistórica en Galicia.

A revista ‘A viñeta de Schrödinger’ chega ás librerías

Neste espazo cultural falamos de banda deseñada cun dos máximos referentes do país: Kiko da Silva. O segundo número da revista ‘A viñeta de Schrödinger’ chega ás librerías.

“Necesitamos que as administracións públicas apoien estes proxectos. Cara onde vai un país que non aprecia a súa cultura?”, pregúntase Kiko da Silva.

A revista é unha fiestra aberta a todo o que se está facendo no mundo da banda deseñada, conta o ilustrador.

Kiko da Silva explica nas ondas da Radio Galega que o obxectivo na actualidade é chegar a todos os públicos. “Que un neno poda ler unha revista de banda deseñada xunto a súa avoa e o seu pai”, asegura.

“Un país que non le é un país sen cultura, sen futuro”, engade.

“Acaricia mis arrugas” é o novo album de Javi Maneiro

Viaxamos ata Ribeira para descubrir o segundo albúm en solitario de Javi Maneiro. “Acaricia mis arrugas” é o título dun disco no que maneiro se alonxa da estética, musicalidade e letras dos seus traballos en Jabón Blue ou en Heredeiros da Crus.

Antón Cortizas publica ‘Non trabes na lingua’

O profesor Antón Cortizas recolle no libro Non trabes na lingua, da Editorial Galaxia, unha escolma de trabalinguas da tradición oral galega e outros creados polo alumnado dun colexio mugardés.

Xogando coas palabras conseguiron inventar trabalinguas dende cero, crear novos a partir dos existentes e recoller os propios da tradición galega.

O obxectivo é dar valor á cultura galega mediante o xogo coas palabras, coa música, a lingua e os dobre sentidos.

No contexto actual no que a cultura lúdica non está tan presente na xeracións máis mozas é esencial recuperar o xogo infantil. Os trabalinguas son unha forma perfecta de conectar cos máis pequenos a través da lingua e a diversión.

O lugar que non hai. Recital de Estevo Creus.

O lugar que non hai. Recital de Estevo Creus.

Mozas á fronte #1 Catro voces da música hoxe arredor de Bikini Kill na volta aos escenarios da banda referente do movemento…

Mozas á fronte #1 Catro voces da música hoxe arredor de Bikini Kill na volta aos escenarios da banda referente do movemento riot-grrrl.

15 anos do Festival Isto Ferve

O codirector da Sala Teatro Ensalle de Vigo, Pedro Fresneda, fala para o Diario Cultural do Festival de danza e teatro Isto Ferve.

Pin It on Pinterest