Unha viaxe cultural pola Feira do Cocido de Lalín
Hoxe temos Diario cultural dende a Feira do Cocido de Lalín. Música, letras e fotografía son os protagonistas deste especial.
O cartel das festas é unha moza cunha cestola na cachola. Trátase dunha creación de Miguel Peralta e Xoana Almar, membros da cooperativa Cestola na Cachola, con sede en Lalín.
Nesta viaxe a Lalín tamén conversamos con Celso Fernández Sanmartín, autor do libro A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez, na editorial Apiario.
“Estamos na primeira vez na historia da humanidade en que as xeracións máis lonxevas teñen pouco que ver na educación das xeracións máis novas, non son un referente”, afirma o autor.