Destacados

Compostela, a cidade onde descubrimos as orixes da fotografía

Se paseamos pola zona vella de Compostela no ano 1856 descubrimos o primeiro estudio fotográfico permanente de Galicia, aberto polo fotógrafo Andrés Cisneros.

O Consorcio de Santiago e a Editorial Alvarellos publican o libro As orixes da fotografía en Galicia, unha investigación do fotohistoriador Carlos Castelao.

Os pintores da época viron a chegada da fotografía como unha ameaza para o seu oficio, así que a maioría deles convertéronse en fotógrafos por necesidade.

“Co ascenso da burguesía de finais do século XVIII e principios do século XIX, todos querían obter unha imaxe de si mesmos”, explica o investigador.

Aínda que Andrés Cisneros foi o primeiro, houbo outro fotógrafo que acadou gran éxito entre a sociedade picheleira da época. El foi Juan Palmeiro.

Nun oficio en que as mulleres tamén eran silenciadas, dúas delas loitaron contra o establecido e puxeron en marcha os seus propios estudos na cidade compostelá. María Cardarelly aprendeu no estudio de Juan Palmeiro e foi a autora das dúas primeiras fotografías coñecidas de Rosalía de Castro. Outra das fotógrafas pioneiras foi Juana Cabello.

A película ‘Feedback’, de Vaca Films, chega aos cines

A película Feedback, da produtora galega Vaca Films, chega aos cines esta semana. O filme narra o secuestro do programa de máxima audiencia dunha emisora de radio londiniense.

O papel da música é fundamental nesta película dirixida por Pedro Corredoira Alonso. Hoxe falamos co compositor da banda sonora, Sergio Moure de Oteyza.

“O sonido e a música sitúan o espectador no contexto. A música ten que funcionar de forma paralela á imaxe”, explica o compositor.

“Un dos agasallos deste traballo é poder traballar en filmes de xéneros moi diferentes”, engade o músico.

“Cando compoñía Secuestrados baixaba a persiana e poñía sons de tormenta, agora coa película de debuxos infantís pídolle opinión as miñas fillas pequenas”, conta o compositor, quen confesa que lle gusta vivir na súa pel as emocións que transmite o filme en cada segundo.

Nesta película, a maquillaxe tamén xoga un papel fundamental. Falamos co seu responsable, Alberto Hortas, de Cuatro Ojos Estudio.

“O guión xa está escrito, entón o meu traballo é recrear todo o que representa”, afirma.

‘A casa do Paralelo 54’ é o novo libro de Iria Collazo López

Falamos dun libro editado por Galaxia e que conta a historia de dous mozos, un mapache, casas penduradas de paralelos, camas barco, insectos descomunais e medos.

Podcast ‘Diario cultural’ 17:30

Falamos de A casa do Paralelo 54, un libro de Iria Collazo e editado por Galaxia. Conta a historia de dous mozos, un mapache, casas penduradas de paralelos, camas barco, insectos descomunais e medos.

Ademais, Rosario Sarmiento fálanos de Utopía ou distopía, unha mostra da escultora Soledad Penalta.

Analizamos as películas premiadas na gala dos Óscar

Neste espazo cultural repasamos a gala dos Óscar coa directora de Sala 5, Begoña Vázquez. O filme Green Book obtivo o premio á mellor película. Alfonso Cuarón, mellor director, por Roma. Olivia Colman, mellor actriz por A Favorita. Rami Malek, mellor actor, pola película Bohemian Rhapsody.

Un dos momentos máis emocionantes da noite foi a actuación de Bradley Cooper e Lady Gaga. Os protagonistas do filme Naceu unha estrela levaron a súa química ata o escenario dos Óscar. Lady Gaga obtivo o Óscar á mellor canción orixinal por Shallow.

O próximo sábado será a gala do noso audiovisual, os Premios Mestre Mateo. A gran rivalidade está entre Trote, unha película de autor moi pausada, e A sombra da lei, un filme máis comercial de Dani de la Torre.

Recital co poeta Serxio Abalo

Do segredo e a súas formas. Recital de Serxio Abalo.

O rock progresivo na transición en Galicia, Asturias e Cantabria

Música para la Libertad: o rock progresivo na transición en Galicia, Asturias e Cantabria.

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura ‘Homeless’

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura Homeless de Ángela de la Cruz. O director Santiago Olmo reclama na presentación máis autonomía para o museo.

Quen son os finalistas dos Premios María Casares?

Os Premios María Casares entréganse o vindeiro 21 de marzo. Neste espazo cultural descubrimos quen son os finalistas.

A peza Commedia estreouse hai 26 anos con grande éxito. Agora volve aos escenarios con Contraproducións. A obra é finalista en 12 categorías, entre elas, mellor espectáculo e mellor dirección. Falamos co seu director, Cándido Pazó.

Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, é finalista en sete categorías. A leituga opta a cinco galardóns na gala. Invisibles, de Redrum Teatro, e Casa O’Rei, de Ibuprofeno, conseguen catro candidaturas cada unha.

Tamén son finalistas O servidor de dous amor, Anatomía dunha serea, A nena e o grilo máis aló, Arnoia, Arnoia, Patapatúm e Contos de Recreo.

A residencia literaria de Yolanda Castaño na Coruña

A poeta galega Yolanda Castaño preséntanos o seu proxecto máis importante, unha residencia literaria na Coruña.

Pin It on Pinterest