Conversas na Costa dos Castros. Reflexións sobre o patrimonio en Oia.
Falamos coa antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas sobre o seu estudo ‘As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia’ que se presenta hoxe en Mougás.
Falamos coa antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas sobre o seu estudo ‘As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia’ que se presenta hoxe en Mougás.
O Salón Internacional do libro infantil e xuvenil comeza un ciclo con máis de 300 actividades programadas ata o 12 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra para fomentar a lectura entre os máis cativos.
A directora do salón, Eva Mejuto celebra nos micros da Radio Galega os 20 anos e danos as pista deste salón. O homenaxeado vai a ser o escritor gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio Tejado, varios autores lusófonos están convidados e a revolución é o tema central.
Os XXIII Premios de Teatro María Casares entregáronse esta noite na Coruña. O espectáculo Commedia, de Contraproducións, obtivo tres galardóns: espectáculo, actor secundario e vestiario. Outros tres recoñecementos foron para Invisibles, de Redrum Teatro, por dirección, iluminación e adaptación-tradución.
A obra O servidor de dous amos, de Talía Teatro, conseguiu dous premios: maquillaxe e actriz secundaria. Outros dous galardóns foron para Casa O Rei, de Ibuprofeno, por actor protagonista e música orixinal. Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, acadou outros dous: actriz protagonista e mellor texto orixinal.
Divinas palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, recibiu un recoñecemento por escenografía; e Patapatúm, de Elefante Elegante, un galardón por mellor espectáculo infantil.
Neste espazo cultural falamos con Marián Bañobre, directora de Invisibles; e con Cándido Pazó, director de Commedia.
“O teatro convida o público a xogar, a crer unha historia, unha emoción”, asegura Cándido Pazó.
“Este premio é das protagonistas da historia, ás mulleres que contaron a súa vida e experiencias para axudar a outras. Por elas e polas que xa non están para contalo”, conta Marián Bañobre, directora de Invisibles, unha peza sobre a violencia de xénero.
Chema Prado foi Director da Filmoteca Española entre 1989 e 2016 e gran amigo da cinemateca galega dende a súa creación hai 27 anos. Por eso, dende hoxe e ata o 10 de maio, o Centro Galego de Artes da Imaxe rídelle unha homenaxe na que lle da carta branca para a ecolla dos filmes que marcaron a súa traxectoria. Con él falamos nesta edición do Diario Cultural.
Este 21 de marzo celébrase o Día da Poesía co Festival ‘Alguén que respira’ en Santiago e na Coruña.
Galicia é unha potencia mundial en produción poética e así o demostra a tradución do último libro de poemas de Lupe Gómez, Camuflaxe, a linguas como o castelán, o inglés ou un francés.
Este festival é un encontro de máis de 50 creadores dende diferentes lugares, linguas e idades, que traballan de forma diversa e amplían o espazo do que entendemos por ‘poeta’. Ámbitos como a música e a interpretación, tradicionalmente non vinculados coa poesía, atopan aquí unha nova forma de expresión.
Neste espazo cultural falamos con Manuel Cortés e Serxio Iglesias, de Ronseltz. Nos anos 80 foron pioneiros nunha nova forma de entender este xénero. Un grupo de xente nova que empregou a poesía como ferramenta para cambiar a sociedade.
“Eramos un grupo de xente formado nas aulas e nos bares, con inquietudes literarias e que queriamos facer algo diferente”, recordan na Radio Galega.
Fartos dos recitais propios da época, cheos de amor e de erotismo e lonxe da crítica e da ironía, comezaron a escribir poesía ‘de escarnio e maldicir’.
“É imposible que a poesía deixe de existir ou morra, sempre haberá locos que pensen que é o máis importante do mundo”, contan os poetas nas nosas ondas.
A Universidade de Santiago de Compostela desenvolve esta semana o ciclo As mulleres dos mortos. Neste espazo cultural falamos coas investigadoras Inmaculada López Flores e con Olalla López-Costas
Que nos contan os mortos? As claves do pasado están baixo terra e, para descubrilas, adentrámonos no traballo que realizan estas investigadoras no seu día a día.
“Non recordo querer ser outra cousa, dende os trece anos tiña claro que quería dedicarme a isto”, asegura Olalla.
“Podemos analizar as enfermidades da poboación, a dieta, o traballo co gando e as migracións das persoas que vivían aquí antes ca nós”, engade a investigadora.
Este ciclo ten un dobre obxectivo, por un lado, ensinar como é o traballo diario neste oficio e, por outro lado, visibilizar un traballo realizado por unha maioría de mulleres, aínda que os postos máis representativos son ocupados por homes.
O valor do cine vai máis alá das grandes salas e das gravacións profesionais. Antes de que os móbiles permitiran gravar todo o que acontece ao redor, houbo cineastas afeccionados que se converteron nos primeiros en deixar inmortalizados os recordos do pasado.
Material agochado nos rochos e faiados. Material co que nace a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. Neste espazo cultural conversamos coa guionista Saleta Gómez e co enxeñeiro Manoel da Costa sobre o Arquivo Galego de Cine Doméstico.
“Boto de menos escoitar as voces da xente do meu redor, o son das gaitas, pero as imaxes permítenos conservar todas as lembrazas”, recorda Manoel da Costa, cando as cámaras Super 8 só gravaban a imaxe.
“Buscar estas gravacións implica un gran traballo de campo, seguir pistas e atopar tesouros que están perdidos nas casas, na maioría dos casos en perigo de perderse para sempre”, conta Saleta Gómez.
A escritora e filósofa preséntanos as súas últimas novidades. En ‘Libro de horas’ lemos: á madeira non lle afecta / que comas nela / ou que pouses só / a banalidade dun souvenir.
Coñecemos dúas cancións novas e os seus vídeos. Unha viaxe por Galicia con Rubén Domínguez de Prenom para a canción ‘As crónicas’ de Os Amigos dos Músicos e unha viaxe en 360º pola Coruña con Pulpiño Viascón para ‘El salto’, de Silvia Penide. Dous adiantos de dous discos que sairán esta primavera.