Destacados

“Golpes” de Estíbaliz Veiga

No Diario Cultural falamos coa actriz Estíbaliz Veiga que está de xira por centros escolares de Galicia con “Golpes”, un relato sobre a violencia machista.

O Consello da Cultura Galega recupera as primeiras gravacións en lousa

Nestes tempos da música do móvil, os vinilos parecen xa unha cousa do pasado. E recordan os discos de lousa? Hoxe descubrimos como se foi rexistrando a música ao longo do tempo.

O Consello da Cultura Galega recupera unha primeira colleira das gravacións musicais en lousa. Viaxamos ata 1904, onde atopamos a máis antiga da colección. O xornalista Xosé Ramón Pousa é quen dirixe este arquivo sonoro.

“Son pezas que recordan ás pizarras que empregabamos na escola cando eu era neno”, lembra Xosé Ramón Pousa.

“O obxectivo é salvagardar o patrimonio sonoro galego. Nós facemos un traballo de recompilación, logo conservación, preservación e difusión”, explica Cristina Pujales, coordinadora técnica do arquivo sonora do Consello da Cultura Galega.

Terceira edición do Fisterra Blues Experience

Do 28 ao 30 de xuño celebrarase en Fisterra a terceira edición do Fisterra Blues Experience, e para coñecer todos os detalles do festival falamos con Javi Turnes, o seu director, e co músico Víctor Aneiros, un dos artistas confirmados para o festival.

 

 

Inaugúrase o Museo Bea Rey en Sobrado dos Monxes

Neste Diario Cultural imos ata Sobrado dos Monxes, onde hoxe é a inauguración do Museo Bea Rey. Falamos con Isabel Rey, irmá da artista; e Carmen Jiménez, directora técnica do Museo.

“Quixemos facer o Museo aquí porque aquí imos morrer”, di Isabel rey.

Este novo Museo ten como principal propósito a conservación e difusión do legado artístico de Bea Rey, pero tamén está aberto a outras manifestacións artísticas. Por que non coñecemos a Bea Rey tanto como deberiamos?

“Bea comezou pintar nos anos da ditadura, non estaba de acordo coas normas de entón porque era un mundo moi estrito, nunha época en que non podiamos falar galego”, asegura a irmá da artista.

Que hai entre bambolinas no Salón-Teatro de Santiago?

Neste Diario Cultural celebramos o Día Mundial do Teatro e descubrimos entre bambolinas os segredos dun dos xéneros máis antigos da historia. O Centro Dramático Galego celebrará co público unha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago.

Imos ata o Salón-Teatro de Santiago con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, para descubrir que se agocha detrás do pano.

“No teatro seguimos sendo un pouco supersticiosos, nunca levamos cor amarela e nunca podemos desexar boa sorte a alguén que vaia facer unha función”, explica a directora.

A historia de Ramón Otero Pedrayo

Adentrámonos na historia de Ramón Otero Pedrayo grazas a publicación do libro “A historia de Ramón” que ven de publicar o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas. Neste libro adicado aos máis cativos, López-Barxas abarca case toda a vida do autor cun gran número de ilustracións nas que se ve a Otero Pedrayo de Cativo, a súa árbore, a casa familiar…. Sobre todo isto falamos nesta entrevista con Paco López-Barxas

Talía Teatro estrea ‘A primeira vez’

A compañía Talía Teatro estrea este venres o espectáculo ‘A primeira vez’. Unha historia de amor e desexo que busca reflectir con naturalidade as primeiras experiencias sexuais dos adolescentes. Unha realidade moi diferente á amosada na ficción.

Neste Diario Cultural falamos co director Artur Trillo e os actores protagonistas, María Ordóñez e Toño Casais.

“A primeira vez dunha parella é moi parecida á estrea dunha obra de teatro, cambia a intimidade, pero penso que as tensións son as mesmas”, conta o seu director.

“A miña personaxe, Mada, é unha rapaza nova que busca que a súa primeira vez sexa como nas películas e nas cancións románticas”, explica María Ordóñez.

“Carlos está disposto a aceptar todos os códigos de Mada, quere que chegue o momento e non quere esperar, aí é onde xorde o conflito”, engade Toño Casais.

Rebeliom do Inframundo presenta “Ilegal”

“Ilegal” é o nome do terceiro traballo discográfico do grupo galego Rebeliom do inframundo, un grupo de referencia no rap galego. Nesta edición do diario cultural falamos con Nervo, o cantante do grupo que xa está inmerso nunha xira que os levará por todo o panorama nacional e con varias citas internacionais xa confirmadas.

Visítanos Freixanes co libro ‘O triángulo inscrito na circunferencia’

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, rememora connosco un libro imprescindible: ‘O triángulo inscrito na circunferencia’, publicado pola Editorial Galaxia, 37 anos despois da súa primeira edición.

Freixanes recorda os primeiros anos da democracia como un “tempo de optimismo”, unha época en que “non había futuro se a cultura galega e o galego non tiñan o seu lugar no mundo”, asegura.

O escritor, xornalista e profesor reflexiona sobre a situación política actual e amósase preocupado polo uso da lingua nas campañas dos partidos.

“España é responsable de protexer e respectar todas as linguas do territorio. A imposición dunha lingua ten resultados devastadores. Canta xente pode estar disposta a mercar ese argumentario?”, critica o xornalista.

“A lingua é a atmosfera da literatura, da vida. Nós construímos o mundo con palabras, interpretamos o mundo coas palabras e é a través das palabras como o lector fica atrapado nun libro”, conta o escritor.

A transmisión de estereotipos sexistas da cultura tradicional a análise nas xornadas ‘O género da tradiçom’

Falamos das xornadas ‘O género da tradiçom’ da Gentalha do Pichel con Carme Campo – educadora, bailadora e promotora do proxecto ‘Andar cos tempos’ – e coa etnomusicóloga Xulia Feixoo.

Pin It on Pinterest