Destacados

Tradúcese ao galego a novela ‘O conto da criada’

A editora Irmás Cartoné traduce ao galego a clásica novela ‘O conto da criada’, de Margaret Atwood. En xuño comeza a emitirse a terceira temporada da serie de HBO. É a historia dun réxime tiránico, relixioso e misóxino que retrinxe os dereitos das mulleres e que usa a aquelas que son fértiles como escravas para ter fillos para as elites.

A novela, publicada en 1985, reflexiona sobre a posibilidade de retroceder en dereitos e liberdades coa volta aos valores tradicionais e a reacción contra a igualdade de xénero.

Neste Diario Cultural falamos con Celia Recarey, editora e tradudora; e con Carlos Valdés, editor e tradutor.

“No traballo de tradución tivemos momentos de angustia porque agora, cando volven os debates sobre a xestación subrogada, escoitamos os mesmos argumentos que aparecen na novela”, contan os tradutores, preocupados porque o libro parece máis realidade que ciencia ficción.

Falamos de literatura infantil e xuvenil coa escritora Pilar Serrano

Neste Diario Cultural falamos de literatura infantil e xuvenil coa escritora Pilar Serrano. Tamén estaremos na exposición da artísta plástica Verónica Moar.

Entrevistamos a Oliver Laxe, director do primeiro filme en galego no Festival de Cannes

Por primeira vez un filme en galego estará no Festival de Cannes. O director de cine Oliver Laxe viaxará á localidade francesa coa produción ‘Aquilo que arde’, o que significa un gran paso para o audiovisual galego.

O loito das mulleres en ‘A saia raiña’

O loito das mulleres galegas é o tema central da exposición “A SAÍA RAÍÑA”, unha exposición de testemuñas, a través de fotografías e de diferentes formatos audiovisuais,  nos que Rita Más mostra un traballo de campo que leva anos recollendo polas aldeas e cidades galegas.

Pódese visitar na Biblioteca Municipal Ágora da Coruña ata o 23 de abril. 

Manuel Portas publica o libro ‘Por puntos’

O escritor Manuel Portas publica ‘Por puntos’, un libro que narra a historia dun grupo de persoas que coinciden nun curso de recuperación de puntos do carné de conducir. Experiencias que a maioría das persoas manteñen en segredo pola vergoña de recoñecer que asisten a estes cursos.

“É como un iceberg, vemos moi pouco e debaixo do mar, agóchase un mundo”, asegura o escritor.

Es España, máis de 36.000 condutores pasaron polos cursos de recuperación por puntos en 2017. Unha realidade descoñecida da que moi poucos falan.

“Vivimos nun mundo que contén outros mundos”, di o escritor, quen destaca a importancia de descubrir as vidas dos que temos arredor.

‘Canta, miña pedra, canta’ en homenaxe a Antón Fraguas

O músico Xoán Curiel está a presentar o libro disco ‘Canta miña pedra canta’ baseado na vida e na obra de Antón Fraguas. Nel recolle 11 cancións inspiradas en cantigas do Cancioneiro de Cotobade co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

‘Canta miña pedra canta’ está editado por Galaxia.

Arte para derrubar prexuízos entre diferentes culturas

Comeza a exposición ‘Máis alá do estereotipo’ na Igrexa da Universidade en Compostela. Neste Diario Cultural temos connosco a artista vistual Mery Pais.

Cal é a orixe das barreiras que levantamos entre diferentes culturas? Hoxe creamos pontes entre Galicia e Marrocos e descubrimos que o descoñecemento é o único que nos separa.

A artista Mery Pais emprega a arte para rachar cos prexuízos e amosar unha realidade xusta e diversa. Cada peza da exposición amosa cada un dos prexuízos que sofren as mulleres musulmanas como, por exemplo, os relacionados coa súa vestimenta.

Carlos Barruso, premio honorífico Martín Códax

No Diario cultural emitimos hoxe a conversa que tivemos con Carlos Barruso a semana pasada cando a Asociación Músicas ao Vivo deu a coñecer que sería Barruso o seu premio Martín Códax da Música Honorífico deste 2019.

Entrevistamos o presidente da Fundación Vicente Risco

Neste Diario cultural falamos da exposición do fotógrafo portugués Antero de Alda. Temos connosco a Luis Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco.

Novo libro-disco de A Gramola Gominola

Falamos con Paula Romero e Paco Cerdeira, dous dos integrantes do grupo de rock infantil A Gramola Gominola porque están a presentar o seu novo libro disco, Bravas. O rexurdir da luz. Un traballo en que falan de superheroínas e superpoderes e que xa presentaron no Salón do Libro de Pontevedra. A próxima cita é o vindeiro domingo día 21 de abril nun concerto no Teatro Colón da Coruña.

Pin It on Pinterest