Destacados

Achégase a Gala do Libro Galego 2019

A Gala do Libro Galego entrega os premios aos mellores traballos editoriais do 2018 este sábado día 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. E entre os finalistas de todas as categorías atópanse Montse Penas Presas, finalista de ensaio; Enma Pedreira en narrativa;  María Canosa en Infantil e Xosé Tomás, finalista na categoría de banda deseñada. Con todos eles falamos no Diario Cultural.

A migración, protagonista da Mostra de Teatro de Ourense

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense presenta este martes a obra ‘La construcción del muro’. Neste Diario Cultural falamos coa actriz, directora e produtora Cristina Bruno, da Asociación Cultural Teatro Espressivo de Costa Rica.

A obra, centrada no tema da emigración, analiza como xorden as políticas de odio e o levantamento de muros nas fronteiras. “A historia do mundo é a historia dos migrantes, todos somos iguais, todos somos irmáns”, di a actriz.

O teatro ten a responsabilidade de expoñer temas para espertar a crítica do espectador. O público ten que saír da sala con novas cuestións, dúbidas e coa posibilidade de cambiar a súa forma de pensar, explica a dramaturga.

“O teatro é o espello de situacións sociais que ás veces ignoramos e outras tratamos de non mirar”, engade Cristina Bruno.

Escenas para unha viaxe submarina no MARCO


Hoxe achegámonos ao mundo de Jules Verne grazas ao proxecto ‘Escenas para unha viaxe submarina’ da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia que se expón no MARCO de Vigo. Coñecemos este traballo co seu coordinador e profesor da ESAD Ricardo Solveira.

Entrevista á escritora Malores Villanueva

No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, María Solar entrevista a Malores Villanueva, autora da biografía de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas naceu nunha casa labrega en Cotobade no ano 1905. O seu papel foi fundamental para poñer en valor a cultura galega, recuperar tradicións e crear pontes co noso pasado e raíces.

Cando chegou o instituto, Fraguas non dominaba o castelán que falaban os seus profesores e compañeiros. Iso espertou nel un orgullo polas súas raíces, lingua e cultura.

En Compostela comeza a frecuentar o Seminario de Estudos Galegos, entra nas Irmandades da Fala e rodéase de xente moi preocupada por Galicia e polo galego.

Coa sublevación fascista de 1936 comeza unha etapa moi escura da que Fraguas nunca lle gustou falar. Nese silencio dedicouse a investigar e escribir, mais nunca deixou de loitar por recuperar a historia e etnografía do pobo galego.

Fraguas nunca deixou de ser mestre, tanto dentro como fóra das aulas, para transmitir as tradicións, os xogos populares e os oficios propios da Galicia rural de comezos de século. Coñecemento do noso pasado que quedou plasmado para sempre na súa obra.

Tono Arias presenta o seu proxecto fotográfico, ‘Encarnados’

Tono Arias presenta o seu proxecto fotográfico sobre o Entroido, ‘Encarnados’. Cando Tono decidiu abrir a súa libraría especializada en fotografía, foron moitas as voces que lle dixeron que o seu negocio non ía funcionar. Por sorte, Tono seguiu adiante co seu proxecto e agora vive arredor da súa gran paixón.

“Non hai nada máis potente en fotografía que o que non vemos nela”, asegura o fotógrafo.

Nun mundo cheo de móbiles, como cambia o traballo dos profesionais? “Estamos perdendo a maxia que tiña antes a fotografía”, responde Tono.

MJ Pérez preséntanos ‘Vai embora!’


“Vai Embora!” é o novo single de MJ Pérez , o  primeiro tema en portugués da cantautora galega. Nesta nova canción combina a súa esencia con influencias da música folclórica portuguesa e o Fado. E hoxe no Diario Cultural falamos con ela.

Ademáis deixanos un agasallo que ímos sortear nas redes do programa.


 

Estréase ‘Despois das ondas’, unha viaxe teatral pola vida de María Casares

O obra Despois das ondas estréase este venres no Teatro Colón da Coruña. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Neste Diario Cultural falamos con Ernesto Is, autor do texto e da dramaturxia; e co director Xavier Castiñeira.

María Casares naceu na Coruña pero tivo que marchar de Galicia co comezo da guerra civil. Durante o seu exilio en Francia converteuse nunha das actrices máis importantes do momento. Galicia sempre estivo presente na súa memoria.

Seica María Casares non puido volver nunca a súa terra, pero hoxe o seu recordo volverá aos escenarios.

Celebramos o Día do Jazz con Marcos Pin e Virxilio da Silva

Hoxe celebramos o Día do Jazz cos músicos Marcos Pin e Virxilio da Silva. Cando buscamos música máis alá das canles convencionais atopamos estilos e formas que sorprenden a calquera ouvinte.

Marcos Pin descubriu o jazz de neno, cando lle regalaron unha radio e comezou escoitar un programa de jazz. Recorda a emoción dos minutos previos á emisión do seu programa favorito.

O jazz é un estilo de vida construído arredor da improvisación e a escoita. Os músicos que descobren este xénero non poden deixar de escoitalo.

O baile enche de ritmo as entradas e saídas de Compostela

Se chegan a Compostela no Día Internacional da Danza poden atopar un grupo de baile no aeroporto e estacións composteláns. O baile tradicional galego e as danzas de todos os estilos enchen de ritmo as entradas e saídas de Santiago.

Neste Diario Cultural temos connosco a Rut Balbís, colaboradora de artes do movemento da Radio Galega e coordinadora de Danza en Tránsito. Tamén falamos con Begoña Cuquejo, da Cía trasPediante; Amparo Pérez, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; Pablo Castiñeira, de Vella Escola; e Juan Carlos Zahera, de fundación Down e USC.

Descubrimos a exposición da pintora Fina Mantiñán

Descubrimos a exposición da pintora Fina Mantiñán

Pin It on Pinterest