Destacados

Kase7e, punk mozo desde Melide

Kase7e, punk mozo desde Melide

‘O libro ten un carácter alegórico. Son símbolo de marxinación, escuridade, pavor e morte’

Morcegos e anguías protagonizan o novo libro de poemas de Xabier Rodríguez Baixeras ‘Onde ferve a memoria’.

A Semana de cine de Lugo homenaxea os irmáns Coira

A cuadraxésimo quinta edición da Semana de Cine de Lugo inclúe unha retrospectiva dos irmáns Jorge e Pepe Coira, que incluirá a proxección de películas, series e documentais dirixidos, guionizados ou producidos por eles, un libro e unha exposición. O certame proxectará ata o sábado 135 filmes nas súas diferentes seccións, como as dedicadas ao cine galego, curtametraxes, documentais, películas infantís ou as seis películas da sección oficial. 

Chema Prado e a súa mostra ‘Series’, a antesala da 28ª edición do Ourense Film Festival

No seo da 28ª edición do Ourense Film Festival, Chema Prado presenta Series, unha mostra que nos conduce pola súa experiencia vital e profesional en imaxes. Prado é un referente no sector cinematográfico dende hai décadas, non só no país, senón tamén no ámbito internacional. Foi durante 27 anos director da Filmoteca Española.

Aínda que o festival de cine comeza o 29 de setembro, esta exposición pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 12 de novembro.

A violonchelista Alejandra Díaz publica ‘Berce’, un disco que mira ás raíces

A violonchelista Alejandra Díaz presenta o seu primeiro disco, Berce, unha mirada ás raíces inspirada pola música popular galega. Entre as nove pezas do disco hai versións para violonchelo da Carolina, as muiñeiras de Lugo e Chantada ou Alalá das Mariñas, e ata un encontro entre a Rianxeira e a Zarabanda de Bach. Dúas das pezas de Berce contan co piano e os arranxos de Juan Durán.

 

Compostela acolle mañá a Noite do Patromonio

A Noite do Patrimonio é un evento que nacía no 2018 para celebrar o XXV aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Todo isto, co obxectivo de poñer en valor a diversidade e o patrimonio vivo das 15 cidades a través de talentos locais, expresións culturais, etc.

Desta volta, celébrase o 30 aniversario e Santiago de Compostela acollerá mañá unha gran programación para celebrar esta cita especial.

Un arquivo para a arquitectura galega

Conversamos con Luciano Alfaya, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, que acaba de comezar as conmemoracións do seu 50 aniversario. Alfaya defende o carácter cultural da arquitectura, que está na raíz do futuro Arquivo de Arquitectura de Galicia, para cuxa creación o COAG acaba de asinar un convenio coa Consellería de Cultura. 

Grande Amore presenta ‘II’, o seu segundo disco

Logo de presentar o seu primeiro disco homónimo no 2021, Grande Amore estrea agora un novo traballo. II é o título deste segundo disco, do que puidemos conversar con el. 

40 anos de ‘Can sen dono’

O Museo do Humor de Fene revisa a publicación dos anos 80 nunha mostra con reúne materiais orixinais.

Pin It on Pinterest